Buscar

Dialnet-OsCastrosGalegos-2703912

Prévia do material em texto

OS CASTRBS GALEGOS: ESPACIO E ARQUITECTURA 
Por L. Xúlio CARBALLO ARCE0 
Arqueólogo territorial. Delegación Provincial de Cultura. Pontevedra 
Neste traballo inténtase ofrecer unha visión sintética do que se coñece na 
actualidade sobre o espácio no que se inscreven os castros de Galiza, asi como a 
arquitectura destes poboados. Certamente, esta síntese será fragmentária, ao se 
referir unicamente a unha parte (Galiza) do território no que se formou e evoluiu a 
denominada cultura castrexado Noroeste da Península Ibérica, xaque falta a outra 
parte fundamental do todo (o Norte de Portugal). O ámeto territorial do mundo dos 
castros do NW non rebasa unicamente polo Sur os límites da Galiza actual, senon 
que tamén reune as áreas máis occidentais das provincias españolas de Zamora, 
León e Asturias (Esparza, 1983; 1 16. Fernández Ochoa, 1987; 357). 
Por outra parte, ainda se segue contando co lastre da desigualdade da 
distribución espacial das excavacións no actual territorio de Galiza e sectores 
adxacentes (fig. 1). As excavacións centráronse até hai ainda pouco tempo, 
basicamente no sector occidental do país, e preferentemente no litoral. Se ben nos 
últimos anos esta tendencia modificouse parcialmente, ainda posuimos un vacio de 
datos bastante forte, referido ás comarcas orientais das provincias de Lugo e 
Ourense. A pesar de que na figura 1 estan representados practicamente a 
totalidade dos castros excavados, hai que ter en conta que en moitos destes 
xacementos as campañas foron realizadas hai moitas décadas, cun rexistro 
arqueolóxico moi deficiente, e ademáis, en boa parte dos casos só se chegaron a 
publicar moi parcialmente os resultados das excavacións. 
O castro como asentamento non pode ser entendido somente como un espacio 
povoacional, de murallas para adentro, senon que é fundamental coñecer a sua 
relación co terrritorio inmediato onde se explotan os recursos económicos, e tamen 
a relación que establece cos demáis poboados, tanto desde un punto de vista 
económico, como político e social. As interaccións destes diferentes domínios, 
teñen a sua consecuencia na configuración do espacio urbanizado, entendido éste 
en sentido amplo. 
Antes de entrar en materia concreta, compre precisar que entenderemos neste 
traballo por dous términos (castrue cultura casfrexa) que ultimamente vefien sendo 
fonte de serias discusións. Respeito ao primeiro, se ben tradicionalmente se definiu 
o castro como un poboado fortificado, localizado xeralmente en altura, e con 
florecimento durante a ldade do Ferro (López Cuevillac, 1989; 90), rnáis 
recentemente algúns autores (Almeida, 1983; 70-71) trataron de circunscrever o 
término aos poboados con murallas e construccións exclusivamente en pedra. 
Outros arqueólogos (Hock, 1980; 67-69. Martins, 1988; 16) pofien en dúbida que 
dun castro no lugar, a sua datación nunha etapa xa romana pode dar lugar a 
plantear o inicio de modificacións naestructuado hábitat, como ben apunta Alrneida 
(1 990; 283). 
Debido á posición xeográfica excéntrica que presenta o Noroeste Peninsular 
dentro do contexto da <(economía-mundial. mediterránea2, os novos impulsos 
tecnolóxicos e culturais que se producen no mundo mediterráneo, asi como os seus 
influxos indirectos, chegan amortiguados e máis lentamente. En consecuencia, os 
pobos da ldade do Ferro do Noroeste manifestarán un dinamismo moito menor, non 
xa que as rexións ribeirefias do Mediterráneo ou da Europa centro-occidental, 
senón tamén que aquelas rexiónsque, como Grande Bretaña, presentan asimesmo 
unha posición xeográfica periférica. lsto ponse de manifeso no coñecimento e 
desenvolvimento da metalurxia do ferro, na intensidade dos intercambios a longa 
distancia, etc. 
OS CASTROS NO ESPACIO HUMANIZADO 
Como xa ten destacado López Cuevillas (1 989; 89) hai moitos anos, os castros 
non se distribuen uniformemente polo territorio galego, senon que se agrupan 
esencialmene nas zonas litorais e nos vales do interior, e disminuen ou desapare- 
cen nos vales encaixonados e nas serras de alta montaña. Ate a auséncia, de 
momento, dunha catalogación completa dos castros existentes no país3, o mapa 
elaborado polo xeógrafo francés Bouhier (1 979), ainda que incompleto e con certos 
erros, pode ofrecer unha imaxe gráfica moi ap,roximada da realidade da distribución 
dos asentamentos castrexos no territorio galego. Obsérvase claramente no 
devandito mapa (figura 2) unha maior concentración dos castros nas áreas 
costeiras e nas bacias dos grandes rios, mentras ralean nos sectores motañ6sos, 
e desaparecen por completo nas grandes serras centrais e orientais de Galiza. 
Unha distribución que é fiel reflexo da capacidade dos recursos económicos e das 
necesidades sociais, como veremos. Por outra parte, tamén se chega aos mesmos 
resultados, cando a análise se efectuaen pequenas rexións ou comarcas (Agrafoxo, 
1989. Carballo, 1990. Xusto, 1988-89). 
A distribución comentada dos castros é moi diferente á dos túmulos megalíticos 
* Brun (1987; 192-1 94) plantea para os séculos Vlll e VI a.c. unha economía-mundial,, 
mediterránea definida por tres círculos ou ámetos xeográficos: o prirneiro está ocupado polas rexións 
ribeireñas do Mediterráneo, e encóntrasedirixido polos centros urbanos de Etrúriae Grécia, provocando 
nas diferentse rexións europeas unha xerarquización económica. Un segundo círculo, que comprende 
as principais rexións da Europa centro-occidental e da parte central e meridional da Península Ibérica, 
aparece moi influenciado polo primeiro, e desempeña o papel de intermediario coa periféria do sistema 
(o terceiro círculo). Este último, que abrangue os países nórdicos, as illas británcias e o occidente da 
Península Ibérica, móstrase máis estático no seu conxunto, aos impulsos culturais mediterráneos. Na 
Península este esquema vese parcialmente distorsionado pola existencia de fluxos provocados por un 
terceiro centro-motor (o fenício-púnico). 
Dentro de dous ou tres anos probabelmente coñeceremos a localizaci6n e o número dos castros 
existentes, posto que nestes momentos a Dirección Xeral de Patrimoniio Histórico e Documental xa leva 
catalogados os xacimentos arqueolóxicos de máis das tres cuartas partes do território galego. 
e asentamentos con éstes relacionados, o que revela diferentes estratexias de 
ocupación do espacio. Esta contraposición ten sido resaltada por algúns autores 
(Criado, 1989; 123), como consecuencia, entre outros factores, dos diferentes 
niveis de tecnoloxía agrícola, ao ocupar os asentamentos do mundo megalítico 
preferentemente planaltos de solos lixeiros, mentras que no mundo castrexo os 
poboados localízanse esencialmente no val, nas proximidades de solos moi 
pesados, pero potenciatmente moito máis productivos. A pesar de non se coñecer 
moitos asentamentos da ldade do Bronce, parece que o poboamento castrexo 
representa unha importante ruptura espacial na prehistoria recente de Galiza. 
Cando se examina a nivel de microcorrexión a relación que gardan os 
asentamentos castrexos cos diferentes elementos topográficos, obsérvase que, 
tanto as altitudes como as pendentes, asi como, sobre todo, aconxunción de ambos 
factores, condicionan a elección do lugar de emprazamento. Así, por exemplo, na 
serra de Barbanza, localizada na Galiza litoral, con altitudes comprendidas entre O 
e os 685 m. dos 39 castros existentes, unicamente tres rebasan os 400 m e nengún 
sobrepasa os 550 m. (Agrafoxo, 1989; 33). Estes resultados poden apreciarse de 
maneira máis acusada nas terras centrais do país, como o val medio do Ulla. Aqui, 
en presencia dun relevo máis contrastado, que vai dos 80 aos 1.200 m. non se 
localiza nengún castro por riba dos 1 .O00 m. de altitude, e unicamente 3 dos 92 
catalogados superan os 800 m. (Carballo, 1990). Por último, na Galiza oriental, na 
Terra de Viana do Bolo, de altitudes comprendidas entre os 600 e os 1.580 m. de 
altitude, unicamente 1 dos 17 castros inventariados sobrepasa os 1.1 00 m. (Xusto, 
1 986). 
Respeito ás pendentes obsérvanseresultados moi semellantes. Mentras que a 
porcentaxe das áreas que ocupan os intervalos de pendentes 0-1 0 % ou 10-20 % 
é practicamente idéntica que a dos castros, non sucede o mesmo cando os valores 
superan o 20 %. Por exemplo, na serra de Barbanza mentras que as terras de 
pendentes superiores a esta última cifra representan o 20 %, únicamente se 
localiza o 8 % dos castros (Agrafoxo, 1989; 34). Tamén se observa o mesmo na 
bacia mediado Ulla, pero non naTerrade Vianado Bolo. Nestaderradeiracomarca, 
de relevo moi accidentado, mentras non existe nengún castro nas terras de 
pendentes inferiores ao 10 % -estas representan o 17 % da superficie da 
comarca-, máis de un tercio dos asentamentos superan o 20 *lo, pero nunca o 35 
'/O (XUS~O, 1 986). 
A pesar de que existe unha tendencia clara a que os castros elixen lugares de 
pendentes baixas ou moderadas (inferiores ao 20 Oh), aparecen excepcións como 
as citadas, devidas a outros factores xeográficos ou sociais; por exernplo, a 
interferencia provocada polos castros mineiros de época romana. Por outra parte, 
non é nada frecuente que os castros se ubiquen en áreas de pendentes baixas, 
cando se Ile asocian altitudes elevadas, conformando planaltos ou mesetas. É por 
iso que, máis importante que falar da relación dos castros coas altitudes ou as 
pendentes de forma isolada, pode resultar o exame da forma en que os 
emprazamentos se ven condicionados polas rexións topográficas. Nese sentido, 
pode afirmarse que existe unha preferenica pola localizacón dos castros en áreas 
topográficas de altitudes e pendentes baixas ou medias, descartando xeralmente 
zonas de fortes pendentes e altitudes elevadas. Esta observación pode explicarse, 
entro outros factores de tipo habitacional e social, por razóns basicamente 
económias. En efecto, as rexións topográficas de elevadas altitudes e pendentes, 
presentan moi serios problemas para unha agricultura algo desenvolta. 
Das análisis locacionais dos castros respeito ás terras aptas para o cultlivo, 
infirese unha estreita dependencia, en términos xerais, dos terreos cunha 
potencialidade agrícola elevada, mentras que nas grandes áreas improductivas 
non se ubica case nunca un castro. Se isto é destacável cando se efectuan análisis 
de microrrexións ou zonas máis ampias, a interretación aparece moito máis 
acusada cando se examina a capacidade productiva das terras que conforman o 
territorio teórico de explotacón de recursos de cada castro. A maioria dos castros 
da bacía media do Ulla (Carballo, 1990; 185) ou da rexión occidental da provincia 
da Coruña (Agrafoxo, 1989; 21 8), por exemplo, posuen máis da metade das terras 
cunha elevada potencialidade agrícola, nun radio de 1 ou 2 A este respeito, 
a distribución dos castros supón unha ruptura con relación aos asentamentos de 
épocas precedentes, polo menos desde un punto de vista xeral, ao extenderse a 
ocupación á periferia do fondo dos vales e a explotar intensamente este dominio 1 
(Criado et alii, 1991 ; 253). A apropiación do val como espacio económico e via g 
natural de comunicación, marcará, non só un novo proceso histórico, senon que 
chegará como modelo até o presente, non obstante, con importantes e serias 
transformacións. 
Outro espacio que non se pode esquecer en Galiza, pola sua importancia 
económica, é o litoral. Moitos castros (en torno a unha centena) ubícanse frecuen- I 
temente nunha punta mariña, rodeados polo mar en tres dos seus lados (Romero 
Masiá, 1980), como os de Baroña ou Queiruga (Porto do Son), e mesmo en 
pequenas illas (Toralla, Ons. etc.). Nestes castros aparecen normalmente abun- 
dantes <<concheiros>, nos que se documenta unha grande cantidade e variedade de 
moluscos e peixes, e en menor medida, crustáceos, o que nos está a indicar, senon 
a especialización económica destes asentamentos, si a importancia do meio 
marifio na economia destas comunidades. lsto pode explicar perfeitamente a 
redución de terras con potencialidade agrícola nas suas proximidades. 
Se a potencialidade do meio condiciona a localizacón dos asentamentos, non 
é menos certo que outra componente (a visual) xoga un papel importante desde 
duas vertentes: a visibilidade do territorio desde o poboado, e a visibilidade do 
poboado desde o exterior deste. A primeira posue duas dimensións de control do 
espacio (económica e socio-política), como se ten resaltado xa desde hai algúns 
anos, mentras que a segunda pode presentar unha raiz esencialmente simbólica, 
como se ten examinado moi recentemente (Rodríguez Fernández, 1991). 
Frecuentemente, a visibilidade do espacio circundante desde o castro supera o 
75 % da área comprendida nun radio de 1 km. que é o que se supón teoricamente 
para o territorio de explotación económica (Carballo, 1990; 186). Pero, e máis, 
Mesmo nun castro como o de Torroso (Mos, Pontevedra), datado na transición do Bronce Final 
á ldade do Ferro, máis do 40 % das terras do territorio circundante de 1 hora, son aptas para o cultivo 
(Peña, 1992; 48). 
existe na maioria dos casos unha neta coincidencia entre o campo de maior 
visibilidade e a localización das terras aptas para o cultivo (Carballo, 1990; 183), 
polo que a visión a corta distancia parece ter unha componente esencialmente 
económica; aspecto éste que se pode corroborar con exemplos etnográficos5. En 
cambio, a visibilidade do territorio a maiores distancias ten moito que ver co control 
das vias naturais de comuncación eco <<dominio do espacio,> na suavertente social 
e política. lsto último pode apreciarse claramente non só a través da visión desde 
o castro doutros poboados, senon fundamentalmente mediante o control intenso de 
determinados espacios -esencialmente os vales- desde varios asentamentos, 
como se observa en concreto nas terras de Viana do Bolo (Xusto, 1988-89; 30), na 
bacia media do Ulla (Carballo, 1990; 183) ou na Cabrera (Fenández-Posse e 
Sánchez-Palencia, 1988; 203). 
Sen lugar a dúvidas, as actividades económicas exércense sobre un espacio 
compartimentado por efeito das relacións sociais e políticas. Na nosa opinión, no 
mundo castrexo, ese espacio aparece diferenciado en catro grandes esferas de 
acción económica (fig. 3): 1) o territorio de explotación económica ou espacio local, 
2) o tribal ou comarcal/rexional, 3) o étnico, ou espacio afectado directamente pola 
cultura castrexa, e 4) o espacio exterior, ou extracultural. O primeiro é o espacio 
primario por autonomasia, no que se desenvolven as actividades de subsistencia, 
podendo alcanzar un radio de 1-2 km. Aquíserian obridos os alimentos, as materias 
primas básicas, e os recursos mineiros no caso daigún poboado. 
Un seguno ámeto económico está referido a un espácio supraIocal -PO- 
sibelmente abranguendo a un popult-, e se desenvolve aproximadamente nun 
radio de 2 a 25 km. Nesta esfera, ben por mecanismos de explotación directa, ben 
mediante intercambio, podian ser obtidos determinados alimentos (caso, por 
exemplo, dos produtos do mar atopados en terras do interior), así como minerais 
e produtos manufacturados (cerámica, etc.). 
Dentro do ámeto cultural <castrexo,,, cun radio de acción de 25-100 km 
aproximadamente, os poboados poderian obter -quizáis, unicamente mediante o 
intercambio- algúns minerais ou produtos elaborados (cerámicas, adornos, etc.), 
dos que existe constancia, asi como, máis excepcionalmente, determinados 
alimentos raros ou escasos en zonas concretas. 
A un nivel inferior na intensidade dos fluxos haberia que situar o espacio exterior 
ao ámeto cultural castrexo, do que proceden varios produtos elaborados atopados 
nos castros (doas de pastavítrea, cerámicas ibero-púnias e áticas, etc.). Aqui si que 
ha¡ que pensar exclusivamente en mecanismos de intercambio, excepto casos 
puntuais. De todos os xeitos, estes produtos no serian obtidos directametne do 
Un caso claro é o do castro de Torroso, onde existe unha asociación nítida entre o maior espacio 
controladovisualmente desde o poboado e as terras con potencionalidade agrícola; pero, curiosamente,o val principal da bacia do rio Louro, via natural de comunciación por onde discurría a via romana de 
Braga a Lugo por Tui, non é controlado visualmente polo castro (Peña, 1992; 49). Isto pode ser unha 
explicación para o abandono do castro afins do século VI1 a.c. ou durante o seguinte, en contraposición 
a outros poboados (Castromao, Troña, A Graña, Montealegre, etc.) que, cunha cronoloxía inicial 
semellante, continuan habitados ininterrumpidamente até despois do cámbio de era. 
exterior, senon a través de poboados receptores ou <(intercambios>>, como parece 
ser o caso de A Lanzada (Suárez e Fariña, 1990), na entrada da ría de Arousa. 
O lugar puntual que ocupan os castros no espacio ten unha importancia capital 
a hora de definir as condicións defensivas e estratéxicas destes. Ao noso xuício, o 
emprazamento pode definirse como a elección dun lugar concreto do espacio 
dentro de varios posíveis que gozan dunha mesma posición xeográfica. Existe 
unha busca premeditada dun lugar en concreto, dentro dunha área que reune 
unhas condicións adecuadas, e a repetición deses pautas de comportamiento é o 
que permite establecer unha sistematización dos emprazamentos. 
Tradicionalmente viuse considerando que os castros ocupaban posicións 
elevadas con boas condicións naturais de defensa (Romero Masiá, 1976; 13-1 4), 
ainda que xa López Cuevillas (1989; 91-92) tiña sinalado que existían outros 
emprazamentos diferentes a éstes -«que podemos considerar normais»-, pero 
son «moito menos numerosos.. Estes emprazamentos diferenes, segun o mesmo 
autor, ~encontranse situados en lugares chans ou no meio dunha ladeira, sen 
nengunha protección natural por nengún flanco*! Con iso pretendíase resaltar o i 
carácter defensivo dos castros. A pesar de que xa certos autores (Rego e Pombo, 
1976; 168) tiñan posto de manifesto a existencia de numerosos castros con 
condicións defensivas desfavoráveis, polo menos en determinadas rexións, ainda 
recentemente algúns arqueólogos (Ferández-Ochoa, 1987; 361) continuan 
insistindo no carácter defensivo do emprazamento, sen excepcións. 
Á hora de caracterizar os emprazamentos pódese acudir a diferentes criterios: 
fisiográficos, altitudinais, etc. Nengunha das tipoloxías propostas para outras 
rexións europeas (Llanos, 1974; 109 e SS. Royo, 1984; 70. Romero Carnicero, 
1991 ; 190-1 97. Forde-Johnston, 1976; 52 e SS.) pode ser aplicada directamente a 
Galiza, devido sobre todo ás diferentes características xeográficas. Recentemente, 
Romero Masiá (1 984-85) e Martins (1 990; 207-209) teñen proposto unha clasifica- 
ción dos emprazamentos dos castros do Noroeste; se ben a primeira pode ser 
válida en liñas xerais, peca, posibelmente, de pouca definición, mentras que a 
segunda utiliza criterios moi diferentes, insistindo -quizais excesivamente- na 
componente altitudinal. Desde o noso punto de vista, o emprazamento topográfico 
debe ser definido en base a fisiografía do terreo inmediato ao poboado nun radio 
corto (en torno a200:/300 m.). Con este criterio aprecianse, con poucas excepcións, 
os seguintes tipos (fig. 4). 
Esta visión do tema pode ser debida, entre outros factores, a que as excavacións antigas foron 
dirixidas a aqueles castros que presentaban unha maior ((aparatosidade,) e un emprazamento elevado. 
Castros como Sta. Trega, Troña, S. Cibran das Lás, Castromao, Vigo, A Peneda do Viso, Montealegre, 
Alobre, etc. entran dentro desta categoría. En función disto, a visón sobre os emprazamentos tiña que 
ser sesgada forzosamente. 
Ainda a comenzos da década dos anos oitenta, alguns autores encontran sorprendente o 
emprazamento dalgun castro en sitios baixos, mal defendidos naturalmente, chegando mesmo a 
plantear a hipótese de tratarse dun campamento romano (Martins, 1986; 151 ). Sera a excavación deste 
castro o descubrimento doutros do mesmo tipo, o que leve a planteaar posteriormente un interese 
modelo de ocupación do territorio (Martins, 1988a; 139 e SS.). 
-A: Na cume dun outeiro, lomba ou interflúvio. Domina sempre por altura o 
espacio circundante, e está rodeado de pendentes baixas ou medias (entre 
5 e 25 %). As condicións naturais de defensa son boas, e gozan frecuente- 
mente dun amplo control dos vales ou vias naturais de comuncación. Entre os 
castros excavados, posuen un emprazamento deste tipo os de Viladonga, 
San Cibrán de Lás e As Orelas, entre outros, ainda que existen diferencias de 
matiz entre eles. 
-B: Na ladeira dun monte de pendente suave ou moderada, aproveitando unha 
liña de ruptura de pendentes (cóncava-convexa). Pódense distinguir tres 
variantes, segun que ocupan unha liña de ruptura de pendentes, mais 
pronunciada na parte baixa (B-1 ) ou alta (B-2) de laderia, ou ben aproveitando 
un pequeno descanso ou rechan da mesma (B-3). Caracterízanse por estar 
rodeados frecuentemente por pendentes inferiores ao 10 %, ainda que 
existen casos que sobrepasan ese valor. En xeral, presenta unhas condicións 
de defensa desfavoráveis, sendo dominandos desde a parte alta da ladeira. 
Controlan visualmente a parte baixa da ladeira, pero non asi a alta, que se ve 
reducida a unha área restrinxida. As defensas artificiais son reforzadas na 
parte alta da ladeira. Pertenecen a este tipo, os castros de A Forca, Coto do 
Mosteiro, Piñeiro, Recarea, Cameixa, Cortegada, Cartimil, etc. 
-C: Coto ou cerro rodeado de fortes pendentes (maiores do 25 %), polo menos 
por tres dos seus lados. Dominan visualmente todo o espacio circundante, a 
veces nunha grande extensión. Gozan de excelentes condicións naturais de 
defensa, se ben por un dos seus lados -a parte alta- pode verse reducida. 
Entran dentro desta categoria, por exemplo, os castros de Penalba, Torroso, 
Troña, Santa Trega, Castromao, A Graña, Castrovite ou A Peneda do Viso. 
-D: Nun meandro dun río, aproveitando xeralmente unha pequena elevación 
a xeito de esporón. E a inmediatez do curso de auga o que Ile confire 
personalidade, posto que senón podería ser englobado en calquera das 
categorías anteriores. Poden posuir ou non boas condicións naturais de 
defensa. O mesmo se poderia dicir respeito ao control visual do territorio, en 
función do maior ou menor encaixonamento do val, e de se o punto concreto 
que ocupa destaca máis ou menos no espacio. 
-E: En chaira. Estan situados en zonas chás horizontais ou lixeiramente 
inclinadas, ainda que poden aproveitar un pequeno cotarelo, destacando uns 
3 m. sobre as terras dos arredores. Presentan máis condicións defensivas, se 
ben o control visual do espacio circundante non ten porque ser reducido. Son 
moi abundantes nalgúnhas comarcas, como a Terra Chá lucense (Rego e 
Pombo, 1976), pero ralean na maioria. 
-F: Nunha punta marina, ou pequena península. As defensas aparecen 
concentradas no istmo de unión á terra, como sucede en Grande Bretaña, 
onde tamén se documenta este emprazamento (Cunliffe, 1991 ; 257). Posuen 
boas condicións naturais de defensa, e unha excelente posición estratéxica 
respeito ás vias de comunicación marítimas. Concéntransefundamentalmen- 
te nas Rias Baixas e Altas (Romero Masiá, 1980). Hai que distinguir, non 
obstante, os que posuen un bon aceso ao mar -a maioría-, por situarse a 
carón dunha praia (por exemplo, O Neixón Pequeno, Baroña, A Lanzada e 
Punta dos Prados), daqueles que están localizados en áreas acantiladas 
(PuntadoTallo), presentando un aceso ao mar moi dificultoso. Como se decia 
respeito ao tipo D, 6 a inmediatez do mar o que Ile confire personalidade7. 
0 s emprazamentos tipo B (ou E, según as zonas) son máis numerosos do que 
se pensa comunmente, chegando en áreas como a bacia media do Ulla (Carballo, 
1990; 1 77) ou a rexión occidental da provincia da Coruña (Agrafoxo, 1989; 21 8), por 
exemplo, a constituir en torno ao 50 %dos casos. Coido, por tanto, que non se pode 
xeneralizar para todo o C O ~ X U ~ ~ O temporal ou espacial que representa a cultura 
castrexa en Galiza, o feito de que primen os emprazamentos con boas condicións 
naturais de defensa. 
Da análise conxunta das diferentescomponentes do espácio humanizado 
tratadas, pódense extraer algúns resultados referidos ao modelo de emprazarnento. 
Primeiramente, hai que insistir, polo menos no estado actual da investigacón 1 4 
arqueolóxica galega, que o castro representa unha ruptura respeito ás etapas I 
precedentes, non só polo mero feito de delimitar e defender un espacio habitado, 
senón tamén pola ocupación intensa dos vales. En efeito, o patrón de emprazamento 
vai encamiñado cara unha ocupación selectiva do territorio, no que converxen as 
condicións adecuadas para unha explotación económica máis intensa do meio, xa 
sexa terrestre ou marítimo (Agrafoxo, 1989; 231 -232). lsto permite a existencia 
dunha poboación máis elevada. En cambio, as serras preséntanse como áreas 
atípícas, desfavoráveis para a estratéxia económica das comunidades castrexas. 
Hai que distinguir, non obstante, entre determinados castros que ocupan posicións 
terminais de serras, dos que se integran plenamente no val (fig. 5), porque ten 
importantes raices de carácter económico e socio-político, que serán tratados máis 
adiante. U 
A ARQUITECTURA DOS CASTROS: XENERALIDADES 
Se existe algo que pode caractrizar de maneira xeral á arquitectura castrexa 
respeito a outras áreas europeas, e o predominio da forma curva, tanto no 
desenvoivimento dos recintos habitacionais e das suas defensas, como na planta 
das construccións domésticas, ainda que tamén é peculiar das illas Británicas 
(Cunliffe, 1991) e en menor medida da Bretaña (Audouze e Buchsenschutz, 1989; 
91-92), definindo un ámeto de tradicións atlánticas. Isto non é unha banalidade, a 
pesar de que o poida parecer, posto que vai condicinar as técnicas e solucións 
constructivas, asi como o urbanismo dos poboados. 
A maioría dos castros de Galiza dispón dun único recinto, se ben tamén son 
Un caso especial está formado polos castros localizados en pequenas illas, onde habería que 
distinguir entre os que ocupan praticamente todo o espacio insular (Toralla), dos que unicamente 
abranguen una pequena parte do mesmo (Ons). No primeiro caso poderia ser incluidos no tipo F, 
mentras que no segundo habería que integrarlos dentro de calquera dos restantes, en función da 
topografía particular. 
frecuentes os que teñen dous ou tres (Romero Masiá e Pose, 1985. Agrafoxo, 1989; 
224. Carballo, 1990; 166). Máis excepcionais son os que posuen un número 
superior de recintos, como o de Os Castros (Criado et al¡¡, 1991 ; 206), que presenta 
cinco. 
Case sempre, cando existe máis de un recinto, os secundarios xustapóñense 
a un central ou <(croa),, pero non é nada común que adopten unha disposicón 
concéntrica; extremo éste que parece ser un tópico na bibliografía sobre os castros 
galaico-portugueses para diferencialos dos da Meseta (Maluquer, 1954; 99. 
Romero Masiá, 1976; 34), se ben xa ten sido rebatido por algúns autores (Esparza, 
1986; 242). Respeito a función dos recintos adosados a un central, tense suxerido 
que sexan encerradeiros de gando (Maluquer, 1954; 99), ou que respondan 
nalgúns casos a determinados planteamentos defensivos (López Cuebillas, 1989; 
94). Nos poboados en que foron excavados estes recintos adosados, compróbase 
que a maioria estiveron habitados, e mesmo que en moitos casos son posteriores 
ao central (Hidalgo e Rodríguez, 1988). Neste último caso hai que falar dunha 
ampliación da superficie habitacional, moi probabelmente debida a un incremento 
da poboación. 
Normalmente os poboados que teñen dous ou máis recintos amurallados 
posuen un tamaño maior que os de recinto único; pero, de calquer xeito, e salvo 
casos excepcionais, non existen diferencias notorias. Practicamente a rnetade dos 
castros galegos presentan unha superficie habitabel comprendida entre 0,50 e 1 ,O0 
Ha. ainda que tamén son moi frecuentes os de dimensións inferiores a 0,50 Ha. e 
xa en menor medida, os comprendidos entre 1 e 1,50 Ha. Moito menos abundantes 
son os castros de tamaño superior a 1,50 Ha. lsto pode comprobarse claramente 
naquelas áreas onde se elaborou este tipo de información, como a rexión occidental 
da provincia da Coruña (Agrafoxo, 1989; 224) ou a bacia media do Ulla (Carballo, 
1990: 169), e incluso parcialmente en zonas periféricas como a Cabrera (Fernández- 
Posse e Sanchez-Palencia, 1 988; 185-1 89) ou a rexión noroccidental da provincia 
de Zamora (Esparza, 1986; 239-240), se ben nestes dous últimos casos os datos 
vense interferidos pola existencia de castros mineiros de época romana ou pola 
presencia de poboados de grande tamaño8. 
O tamaño pequeño dos castros do Noroeste Peninsular noseu conxunto, é unha 
das características que os diferencia, con certos matices, dos da Meseta e do resto 
da Península Ibérica, en xeral (Almagro, 1987). Non obstante, compre aclarar 
certas cuestións, porque o tamaño que alcanzan algúns poboados castrexos na 
primeira década da nosa era é considerábel. As aproximadamente 20 Ha. de Santa 
Trega, ou as 9 Ha. de San Cibras das Las, non desmerecen en absoluto do tamaño 
de certos poboados das áreas Ibérica ou Celtlibérica; pero, en calquer caso, estes 
grandes poboados castrexos (proto-cidades) restrínxense especialmente á área 
meridional de Galiza e ao Norte de Portugal. Naárea central e septentrional son moi 
contados os castros que superan as 2 Ha. non chegando nengún, que saibamos, 
ás 4 ou 5 Ha. 
Está ainda por definir, con datos concretos, se o tamaño dos castros do SE da provincia de 
Ourense é superior, en xeral, aos do resto de Galiza (Fariña et al¡¡, 1983; 100). 
Dentro dos casos especiais, hai que citar o asentamento de A Lanzada, que é 
interpretado por Suárez e Fariña (1990; 332-334) como un probabel «porto de 
comercio),. O seu carácter anómalo ven dado pola ausencia aparentemente de 
murallas, as plantas atípicas de determinadas construcións, e a aparición de 
abundante cerámica ibero-púnica, vencellada posibelmente a área da desemboca- 
dura dos rios Tejo e Mondego, no centro do Portugal. 
Indubidavelmente, o sistema defensivo dos castros é un dos aspectos máis 
tratados na bibliografía, se ben ainda existen moitas lagoas, referidas tanto aos 
diferentes tipos e a sua cronoloxía, como a todo o concerniente aos seus 
significados sociais e políticos. As murallas de pedra con dous paramentos, nas 
suas diversas variantes e dimensions, son perfeitamente coñecidas desde hai 
tempo (Romero Masiá, 1976; 29 e SS.), pero non asi as realizadas enteiramente con 
terra, ou ben con ambos materiais (terra e pedra). Recentemente temos resaltado 
que as murallas de terra con sección transversal en doble talude son moi 
abundantes, polo menos en determinadas áreas como a bacia media do Ulla 
(Carballo, 1990; 170-1 71). Poden dispor na sua estructura interna algúnha pedra, 
ou ben unha coraza pétrea de revestimento, como no castro de Bendoiro (Lalín). 
As suas dimensións no punto máis elevado poden ser bastante considerábeis, indo 
xeralmente de 4 a 10 m. de altura, e de 10 a 20 m. de anchura na base. Se ben as 
murallas térreas parecen ter unha cronoloxía relativamente recente dentro da ldade 
do Ferrog, poden ter a sua orixe nos castros máis antigos, tal como se constata no 
castro de A Graña (Meijide, 1990; 1 13). 
Outro tipo de muralla na que a terra como material xoga un importante papel 
constructivo, é a que denominamos <(muralla aterraplenada,, (Carballo, 1990; 170- 
171). Está composta dun terraplén artificial de terra, con talude inclinado cara o 
exterior do poboado, e dun muro de contención de pedra cun único paramento cara 
o interior do espacio habitado. Este paramento pode ser irregular ou ben cuidado, 
cun desenvolvimento das murallas aterraplenadas, polo menos nos caso até agora 
coñecidos, parece centrarse entre os séculos III a.c. e I.d.C., sendo relativamente 
frecuentes na bacia media do Ulla (Carballo, 1990; 171. Meijide, 1990; 11 9). 
Por último, hai que destacar un tipo de muralla de contención, composta dun 
muro de pedra cun único paramento -cara o exterior do castro- que serve de 
soporte a unha terrazade ocupación do poboado. Esta muralla parece documen- 
tarse en castros da transición Bronce Final 1 ldade do Ferro, como Penalba (Álvarez 
Núñez, 1986; 20) ou Torroso (Peña, 1992; 21), con paralelos no Sur de Francia en 
contextos do Bronce Final lllB (Arcelin e Dedet, 1985; 13), asi como puidera ser o 
caso do Coto do Mosteiro (Orero, 1988; 11) cunha cronoloxía moito máis recente. 
O sistema defensivo refórzase no exterior da muralla con foxos, parapeitos e, 
a veces, pedras fincadas, nos puntos máis desprotexidos naturalmente. Tanto os 
foxos como os parapeitos ou contrafoxos, poden alcanzar unhas dimensións 
No norte de Portugal foi excavada unha muralla térrea no Castro do Lago (Martins, 1988a; 71), 
datábel en torno aos S. III a.c. En Galiza aparecen asociadas a castros con más condicións naturais de 
defensa. 
bastante grandes, e disperse alterna e sucesivamente até tres OU máis Veces. 0 s 
parapeitos soen fabricarse coa terra ou rocha descomposta extraida dos foxos. 
Se ben os fúxos e contrafoxos son un elemento frecuente na cultura castrexa, 
as pedras fincadas (Chevaux-&-Frise) aparecen restrinxidas espacialmente den' 
tro do Noroeste Peninsular, as rexions occidental de Asturias, O Caurel, O Bierzo, 
S.E. da provincia de Ourense e Tras-os-Montes (Romero Masiá, 1976. Luzón e 
Sánchez-Palencia, 1980. Esparza, 1980. Carrocera, 1990); e dicer, a área en 
contacto coa Meseta. As pedras fincadas téñense posto frecuentemente en 
relación coas desta última rexión, se ben para Romero Carnicero (1 991 ; 21 7) o que 
pode diferenciar estes elementos defensivos no Noroeste Peninsular respeito a 
Meseta, sería a acumulación de defensas nun punto determinado do exterior do 
castro. No tocante a sua cronoloxía, existen serias discrepancias, xa que para 
algúns autores (Silva, 1990; 300), con base na existencia de pedras fincadas no 
occidente e centro de Europa (Harbison, 1971. Cunliffe, 1991 ; 323) nunha etapa 
algo máis antiga, xa estavan en uso en Tras-os-Montes, polo menos na fase 
comprendida entre os séculos V e II a.c. outros consideran que, senón foron 
introducidas en época romana, polo menos funcionaban nese momento (Luzón e 
Sánchez-Palencia, 1980; 83-84. Carrocera, 1990; 138). O que si parece claro é que 
no Castro de Lu bián eran coñecidas no século I I I a.c. (Esparza, 1 986; 360). 
As murallas, en concreto, e o sistema defensivo, en xeral, non deven ser 
interpretados simplemente como unha protección, posto que posuen outros signi- 
ficados de carácter social, económico e político (Fernández-Posse e Sánchez- 
Palencia, 1988; 185. Arcelin e Dedet, 1985; 1 1). Existe unhacomponente simbólica 
de poder e de prestixio, expresada pola monumentalidade e imponencia dalgúns 
sistemas defensivos (Almeida, 1986; 163-1 64), como é o caso, en Galiza, de San 
Cibras das Lás ou de Baroña (Calo e Soeiro, 1986; 26), por exemplo, nun momento 
tardío. Por outra parte, o estudo das murallas desde o exterior do poboado 
(Rodriguez Fernández, 1991) fai destacar precisamente as duas componentes 
indicadas (intimidatoria e simbólica). 
Sen lugar a dúbidas, a planta circular das construccións (fig. 6) é a máis 
característica e difundida no ámeto castrexo (Romero Masiá, 1976; 49 e SS.), 
presentando desde ese punto de vista, bastantes coincidencias con Grande 
Bretaña (Cunliffe, 1991). Diferéncianse, non obstante, as construcións castrexas 
das desta illa, ademáis doutros aspectos concretos, nos materiais e nas menores 
dimensións daquelas repeito as destaslO. As edificacións de planta circular, 
realizadas de distinta maneira e con diferentes materiais, son coñecidas desde a 
etapa inical dos castros, e mantense con variantes até o S. I d.C. e posteriores. 
A pesar de que descoñecemos precisamente o momento da sua introdución, hai 
que incluir as construcións ovaladas dentro das de planta curva. Son, no obstante, 
menos frecuentes que as de planta circular, pero conviven con éstas. 
Se ben habitualmente se viña pensando que as construcións de planta cuadra- 
'O Na Meseta Norte e no alto val do Ebro tamén se coñecen construcións de planta circular (Romero 
Carnicero, 1991; 227-231), se ben son minoritarias en relación ás de planta rectangular. Ambos tipos 
son contemporáneos, polo menos nalgun caso, como o castros soriano de Zarranzano. 
daou rectangular introducidas en época romana, actualmente xa coñecemos algún 
caso de séculos anteriores, polo que unha evolución lineal, sen matices, é 
seriamente cuestionada (Calo e Sierra, 1983; 35). Tanto no castro de O Neixón 
como en A Lanzada téñense documentado restos de construcións de planta 
rectangular. Mientras no prirneiro xacimento, estas construcións serían datadas, 
sen precisión, nun momento comprendido entre os sécuos VI1 e IV a.c. no segundo 
rexístranse nun nivel dos séculos IV-lll a.c. (Suárez e Fariña, 1990). 
Compre diferenciar, non obstante, as duas formas adoptadas na resolución da 
unión dos muros das construcións de planta cuadrada ou rectangulara (fig. 6). Se 
ben as esquinas angulares se xeneralizan na época romana, exceptuando o caso 
dun ha construcción oblonga cun lado recto de esquina angulosa, do xacimento de 
A Lanzada, que pertenece aos séculos IV-VI I I a.c. (Suárez e Fariña, 1990; 31 2), 
a solución de esquinas redondeadas é máis antiga. Esta última, ademáis do caso 
da Lanzada arriba citado, aparece nos castros da Forca (Carballo, 1987; 108), 
cunha cronoloxía comprendida entre os séculos lll e inicios do I a.c. de Lubián 
(Esparza, 1986: 215), dada no S. III a.c. 
Nun momento final da ldade do Ferro introdúcese un anexo ou vestíbulo nas 
construcións castrexas, ubicado na antesala da porta de entrada (fig. 6). Ainda que 
nalgún caso, como o castro de Terroso (Silva, 1986; 43) no Norte de Portugal, 
parece rexistrarse o vestíbulo en niveis da primeira metade do S. II a.c. cando 
realmente comenza a xeneralizarse é durante o S. I a.c. (Almeida, 1984; 37). 
Os materiais empregados na construcion dos muros son tanto a pedra, como o 
barro e a madeira, con independencia da sua cronoloxía e das diferentes áreas 
rexionais. Até haí escasos anos creíase que os muros pétreos comenzaban nun 
momento avanzado da ldade do Ferro, sendo o caso máis antigo coñecido o das 
construcións de planta circular do castro de Sto. Esteváo da Facha (Almeida etalii, 
1981 ; 64), nun nivel datado nos séculos VIIV a.c.; pero, recentemente, as 
excavacións realizadas nos castros do Coto da Pena (Silva, 1986; 34) e Torroso 
(Peña, 1992), documentaron construcións pétreas de planta circular desde niveis 
datados entre os séculos IX e VI1 a.c. 
Igualmente, pensábase que existía unha evolución lineal, con certos matices, 
das construcións con barro e armazón de madeira para as de pedra (Calo e Sierra, 
1983; 37). Se ben existen restos destas edificacións en niveis de castros de 
transición Bronce Final / ldade do Ferro, como Penarrubia (Arias, 1977; 615), 
Castromao (Fariña et alii, 1983; 107) ou Castrovite (A Estrada, Pontevedra), tamén 
se documentan ininiterrumpidamente neste derradeiro xacimento até polo menos 
o S. II a.c. Convivindo coas construcións de pedra, rexístranse claramente no 
Castro de Cortegada (Silleda, Pontevedra) en torno ao S. III a.c., así como, un 
pouco mais tarde, nos de Baroña (Calo e Soeiro, 1986; 14) e Fozara (Hidalgo e 
Rodríguez, 1987; 21), por ejemplo. 
Outras construcións definen a sua planta curva mediante un zócalo irregular de 
pedra, como no castro de Penalba (Álvarez Nlíñez, 1986; 17), sobre o que se 
levantaría unha estrutura de material perecedeiro. Semellante disposición, ainda 
que moitos máis coidada, é rexistrada no castro de A Graña (Meijide, 1990; 119) 
nunhafase máis recente, mediante un zócalo de pequenas pedrasfincadas. Tamén 
neste último xacimento se excavou un fondo de cabana de planta curva, definido 
por unha pequena zanxa e por buracos de poste, que pertenecía a un nivel inferior. 
Estruturas arquitectónicas idénticas as devanditas foron descubertas noutros 
castros da comarca de Melide,como os de Lobos e Os Castros de Brañas (Criado 
ef alii, 1991; 21 0). 
En xeral, as construcións posuían un pavimento de xabre ou de arxila, ainda que 
recentemetne tense planteado a interesante hipótese de que, polo menos algunhas 
edificacións do castro de San Isidro, tivesen pisos formados por un taboado de 
madeira (Carrocera, 1992; 129); hipótese ésta que no se encontra ainda suficien- 
temente documentada no resxistro arqueolóxico. Por outra parte, as cubertas foron 
realizadas con palla ou materia vexetal semellante, ainda que en determinadas 
áreas tamén se empregaron lousas de pizarra coa mesma finalidade. Xa durante 
o S. I d.C. son bastante frecuentes as cubricións de tégula. 
Na última fase da cultura castrexa, en torno ao cambio de era, aparece no marco 
do urbanismo dos poboados, unha interesante agrupación ou conxunto 
aquitectónico de carácter familiar, denominado por Almeida f 1 984; 38)casa-pateo, 
á que Ile atribue este autor unha filiación mediterránea. Sexa esa ou non a sua orixe, 
encóntrase perfeitamente documentada nos castros do Sur de Galiza e do Norte 
de Portugal (Silva, 1986; 43-51), e algo semellante, se ben con menor claridade, 
parece rexistrarse no castro da Coaña en Asturias (Maya, 1988; 28). Estas 
unidades sobre as que nos deteremos máis adiante, estan formadas por un grupo 
de 4 a 8 construcións de planta circular ou rectangular, en torno a un patio central, 
e separadas dos outros conxuntos por pequenos muros divisorios. 
Tense dito (Romero Masiá, 1984-85; 22. Sánchez-Palencia e Fernández- 
Posse, 1985; 85) que nos castros non existe urbanismo ante a ausencia de rúas e 
prazas, a falta dun acondicionamento do terreo, e a inexistencia dun plan previo. 
Estes argumentos non son, ao meu xuicio, válidos, porque ou ben non responden 
plenamente a realidade, ou non se dan enteiramente en nengunha rexión. En 
primeiro lugar, o plan previo, cando existe, non se cumpre nunca, non só nas 
cidades antigas, senón incluso nas modernas e, en segundo lugar, a existencia dun 
plan non é o que define ao urbanismo globalmente. Está claro que no mundo 
castrexo non aparece reflexado, salvo en época romana, un urbanismo hipodárnico 
ou ortogal de raigame mediterránea, pero si existe un urbanismo peculiar, marcado 
pala tradición, a topografía e a planta curva das edificacións. Da existencia dunha 
orde son indicativos, tanto as unidades arquitectónicas familiares das que acaba- 
mos de falar, como as rúas principais ou secundarias que se documentan en Santa 
Trega (Peña, 1988; 66. Patiño, 1989), ou mesmo o sistemade condución e drenaxe 
de aguas pluviais, mediante canles e gárgolas do mesmo xacimento. Dentro deste 
aparente urbanismo desorganizado, tamén se rexistra no castro de Coaña unha via 
principal de acceso, unha aceira e un sistema de condición de augas (Maya, 1988; 
28). 
Por último, ha¡ que indicar que frecuentemente os castros da área meridional de 
Galiza parecen presentar unha maior densidade ou concentración habitacional que 
os da área septentrional. A traves dos castros até agora coñecidos mediante 
excavación, apréciase que na primeira desas zonas, as construcións apenas 
deixan áreas libres entre elas, mentras na segunda existe unha maior amplitude de 
espaciosu. Esta constatación pode ter algún significado, pero tamén pode ser 
devida á escasez de excavacións en amplas extensións dos castros, ou as 
diferencias cronolóxicas; en calquer caso, é éste un dos problemas que a investi- 
gación arqueolóxica ten ainda pendente. 
UNHA VlSlON DlACRONlCA DO ESPACIO E DA ARQUITECTURA 
O mundo dos castros do Noroeste Peninsular non é, como se pode supor, un 
bloque uniforme ao longo do seu desenvolvimento no tempo, nen homoxéneo na 
distribución espacial dos rasgos culturais máis característicos. Obsérvase unha 
evolución constante, pero non lineal, na que se producen cambios sustanciais, 
tanto no referente a arquitectura, como ao poboamento. Estes cambios van 
paralelos moitas veces á transformación dos artefactos. 
Xa desde hai tempo véfiense constatando importantes diferencias entre un 
conxunto meridional, conformado polo sur de Galicia e o norte de Portugal, e outro 
septentrional, no que se incluen as rexións do norte e centro de Galiza. Se Romero 
Masiá (1 976; 61) reflexava estas disimilitudes na distribución completamente 
meridional das construcións con vestíbulo, exceptuando o occidente de Asturiasl2, f 
Calo (1 983; f 61 ) destacaba a concentración na mesma área de arte e decoración 
dalgunhas edificacións castrexas. Tamén se parecían esas diferencias no reparto 
de determinadas producións da orfebrería e da rnetalurxia (Carballo, Naveiro e Rey 
1988; 169). Esta realidade estaria relacionada, según Almeida (1 986; 164 e SS.), 
coa posterior creación en época romana dos conventos lucense e bracarense, cuxo 
límite coincidiría practicamente coas áreas anteriormente citadas. Se ben esta 
apreciación pode responder a unha certa realidade histórica, hai que resaltar que F 
o rexistro arqueolóxico proporciona datos moito máis complexos. En efeito, a r 
distribución dun elemento de uso cotidiano como a cerámica, denota a existencia 
de determinadas áreas espaciais, conformadas por conxuntos de tipos cerámicos 
característicos que se seccionan (Rey, 1986-87; 185-1 87. Carballo, Naveiro e Rey, 
1988; 170-1 73). Como é Ióxico, estas áreas interfirense, pero, simplemente a sua 
verificación, permite plantear que a comparación rexional do Noroeste Peninsular 
é bastante acusada. Se isto ten maior transcendencia cultural que a existencia de 
áreas alfareiras u intercambios moi rexionalizados, é un tema que está ainda por 
estudiar. Non deixa de ser tentador nese sentido, a valoración socio-política desta 
problemática, mediante a sua hipotética relación con diversos populicitados polas 
fontes escritas clásicas. 
Hai xa máis de quince anos, Maluquer (1975) realizou a primeira proposta de 
j1 Basta só comparar as plantas dos castros de Troña (Hidalgo, 1988-89) ou Sta. Trega (Peña, 1992), 
coa de Borneiro (Romero Masiá, 1987). A esta norma escaparía o castro de Baroña (Calo e Soeiro, 
19861, entre outros. 
j2 Recentemente (Criado et alii, 1991; 207) foi rexistrada a presencia dun vestíbulo nunha 
construción de planta rectangular en 0s Castros (Toques). De confirmarse este dato no futuro, noutros 
xacimentos da zona, habería que revisar esta cuestión. 
periodización de cultura castrexa, dividindo esta en catro fases que abarcarían 
desde o Bronce Final ate a época romana. Sen contarse por aquela época con 
excavacións de castros ben documentadas, a proposta foi bastante acertada, como 
o confirma o feíto de que as sistematizacións realizadas con posterioridade, non só 
beberon daquela, senon que coincidian a grandes rasgos con ela. No ano 1983 
publícanse dous interesantes traballos, nos que se planteaaevolución en fases dos 
castros. Mentras Friña et alii (1 983; 1 16-1 26) definen tres periodos, situando o 
nacimento dos castros no S. VI1 a.c. e o seu fin na conquista romana do Noroeste 
Peninsular e nos momentos inmediatamente posteriores, Almeida (1 983; 70-71 ), 
ademais de elaborar unha complicada periodización con base en xacimentos 
puntuais, plantea que non pode falarse autenticamente de cultura castrexa até que 
non se inicia a arquitectura en pedra de vivendas e murallas; razón pola que aquela 
non comenzaría até a segunda parte do S. IV a.c. considerando, en consecuencia, 
a etapa anterior como un periodo de formación ou precastrexo. 
Polas mesmas datas, surxe unha nova periodización (Silva, 1983-84), basada 
xa en varias datacións de C 14 de castros portugueses. En esencia, a proposta de 
Sila (1 983-84; 125-129. 1986; 33 e SS.) coincide coa de Fariña et alii (1 983) na 
definición e interpretación de tres grandes fases, pero diverxe desta última na 
cronoloxía inicial e final do fenómeno castrexo. Para o arqueólogo portugués, a 
formacón dos castros hai que situala en torno ao 900 a.c. mentras que o seu remate 
estaría determinado polas reformasda dinastía flávia, coincidindo neste último 
extremo con Al meida (1 983). 
Moi recentemente duas novas propostas viñeron a incorporarse ás preexistentes. 
Martíns (1990; 113 e SS.) define na bacia media do Cávado catro fases de 
ocupación; tres das cales coinciden coas de Fariña e Silva, salvo no retraso do 
periodo inicial da ocupación dos castros -polo menos en S. Juliáo- a comenzos 
do ÚItimo mileniio a.c. e na interpretación das causas que orixinaron as sucesivas 
fases; introduce, non obstante, a novidade dun cuarto período que, orixinándose 
nos flávios, non remataría até o S. III d.C. O planteamiento de Peña (en prensa) 
diverxe dos anteriores, non tanto pola datación do inicio dos castros galegos no S. 
Vlll a.c. con base en Torroso, e na definición dun impreciso período de declive 
crastexo en época romana, como no remate da segunda etapa coa conquista 
romana. 
En resume, e salvando a propostade Almeida (1 983), as restantes periodizacións 
coinciden en boa medida (fig. 7). No que se refire a Galiza, está clara a existencia 
dunha primeira fase, situada no que en terminofoxía clásica se entende par última 
fase do Bronce Final e 1 "dade do Ferro. Cos datos actualmente dispoñíveis é dificil 
datar a sua orixe máis atrás de finais do S. IX a.c. ou comenzos do Vlll a.c. se ben 
a diferencia cronolóxica con respeito ao norte de Portugal, poderá ser cuberta, 
quizais, no futuro. O inicio da segunda fase é dificil, igualmente, colocala máis atras 
dos comenzos do S. IV a.c. rnentras que o final, para algúns autores, estaría no 
Último tércio do S. I I a.c., coincidindo coa incursión de Décimo Juno Bruto en terras 
galaicas, e para outros, na transición desta centuria á seguinte. Por último, existe 
unha coincidencia bastante xeneralizada en dar por concluida a terceira e últma 
fase na segunda metade do S. I d.C. en que coas reformas flavianas (concesión do 
ius Latii, adsignatio ager a particulares, etc.), daríase paso ao mundo galaico- 
romano. 
FASE ANTIGA 
0 s poboados fortificados comenzan a xeneralizarse en Galiza, como se decia, 
a fins do S. IX a.c. se ben os datos actualmente dispoñíveis no norte de Portugal, 
permiten pensar que o fenómeno pode iniciarse un século antes. En realidade, de 
momento o único castro que en Galiza posuen unha cronoloxía tan antiga como a 
citada, é o de Torrosoi3. O que si pode afirmarse, de todos osxeitos, é que o proceso 
continuado de creación de castros orixínase durante os tres primeiros séculos do 
último milenio a.c. coincidindo coa última fase do Bronce Final. 
Un proceso moi semellante prodúcese en Europa Central e Occidental, onde, 
ben na transición do segundo ao primeiro milenio a.c. (Pion et alii, 1990), ben 
durante os séculos IX ou Vlll a.c. (Brun, 1987. Collins, 1989), os poboados 
fortificados multiplicanse en número, en todas partes. Desde ese punto de vista, o 
fenómeno castrexo encóntrase integrado dentro dun contexto mais amplo. 
Se ben no marco europeo se teñen barallado explicacións moi diversas para 
explicar este fenómeno14, nengunha delas por si coa basta para comprender a 
aparición dos castros do Noroeste Peninsular. Nesta rexión, as causas do temaque 
nos ocupa non estan do todo claras, pero coménzase a entender globalmente a 
problemática. Alguns autores (Silva, 1986; 36.1990; 284) ainda manteñen que as 
transforrnacións do Bronce Final / 1 "dade do Ferro son debidas a movimentos e 
influxos de pobos indoeuropeos e do mundo tartésico; invasións das que non existe 
nengunha proba no rexistro arqueolóxico. Tampoco a existencia dunha grande 
actividade bélica como factor desencadeante pode terse moi en conta, posto que 
non existen datos da sua preponderancia e, en última instancia, a guerra non é un 
fin, senon un meio ou unha consecuencia. Tal como ten dito Martins (1 990; 201), 
trátase dun argumento moi simplista. 
En cambio, tense a realizar o papel dos intercambios no contexto atlántico como 
o factor desencadeante do proceso (Calo e Sierra, 1983). En efeito, tanto para 
Jorge (1 988; 89-97) como para Martins (1 990; 202), a aparición dos castros, nun 
primeiro momento, e consecuencia da inestabilidade social provocada pola con- 
centración de riqueza e de poder nalguns grupos sociais e asentados, dentro do 
contexto da economía atlántica. Nunha segunda etapa (S. VII-VI a.c.), a multipli- 
cación dos castros non pode explicarse polas mesmas causas, debido á caida dos 
l3 O autor das excavacións no Castro de Torroso propón, con base nas datacións convencionais de 
C 14 e máis na tipoloxía, un inicio do poboado na transición entre os séculos VIll e VI1 a.c. (Peña, 1992; 
55), ainda que, de aceptar a calibración das datas radiocarbónicas, haberia que retrasar esa cronoloxía 
a fins do S. IX a.c. (Carballo e Fábregas, 1991 ; 255). 
l4 Entre as cousas apuntadas compre citar: a actividade metalúrxica, o desenvolvimento do mercado 
comercial, a loita de clases, a competencia social por bens de prestixio, as actitudes emprendedoras de 
determinados individuos, etc. (Wells, 1988; 19-22. Collis, 1989). 
intercambios atlánticos, senon mediante a competencia pola terra (Martins, 1990; 
202). Aindaque esta teoria resulta moi consistente, falta ainda por completar algúns 
aspectos da explicación, como o da asunción dunha explotación agropecuaria máis 
intensiva que en períodos precedentes, e a interrelación de ambos factores. En 
último extremo, compre señalar se o proceso é devedor de causas máis estruturais 
-como sería Ióxico-, que posibiliten a participación beneficiosa nos intercambios 
atlánticos. Do que parece non existir dúbida é que, a pesar dos imppulsos recebidos 
do exterior, o proceso resulta claramente endóxeno. 
Como en todo sistema en transición, prodúcese un solapamento de diferentes 
modelos de asentarnento e de hábitat. Mentras os primeiros castros comenzan a 
ser construidos, continuan existindo os asentamentos abertos característicos da 
ldade do Bronce e etapas anteriores. Un exemplo en Galiza da coexistencia dos 
poboados abertos cos castros, pode ser o xacimento de O Casal (Calo e Serra, 
1983; 65), ainda que non seguro; pero, en cambio, sí existen exemplos claros no 
Norte de Portugal, como o poboado con foxas da Bouc;a do Frade (Jorge, 1988). 
Estes poboados abertos parecen non continuar, en todo caso, máis alá do S. VI1 
a.c. 
A maioria dos castros con orixen nesta fase presentan un patrón de 
emprazamento idéntico, mais con algunhas variantes. Ubícanse en cerros ou 
esporóns que gozan de rnoi boas condicións naturais de defensa, ao estar 
rodeados de fortes pendentes, polo menos en tres dos seus lados, e controlar 
visualmente todo o espacio inmediato (fig. 8-1). Na maioriados casos non dispoñen 
de moitas terras con capacidade agrícola nun radio de 1 km. ainda que si a 
distancias un pouco superiores; en calquer caso, as existentes naquel radio poden 
bastar para as necesidades do asentamento. 
Non é a elevada altitude o que define aos castros antiguos respeito aos máis 
recentes, posto que existen poboados da fase seguinte localizados en cotas 
superiores; tarnpouco é a altitude relativa respeito ao val ou área circundante o que 
lles outorga exclusividade, xa que casos como Castrovite ou Torroso apenas 
superan un desnivel de 40 m sobre o fondo do val máis próximo; senón que o 
atributo máis significativo ven expresado polas boas condicións naturais de 
defensa antes tratadas, e polo claro dominio visual do espacio circundante (Martins, 
1990; 207. Carballo, 1990). Desde o exterior, o poboado sempre destaca na 
paixase, e presenta un aspecto cónico, con afloramentos rochosos na sua parte 
superior, xeralmente; característica ésta xa destacada por Almeida (1 983; 70). 
Se ben uns ocupan esporóns terminais de serras ou montañas, outros se situan 
en cerros máis próximos o val. Con estas variantes, pódese dicer que cumpren o 
modelo, entre os castros excavados, os seguintes: Castrornao, San Trocado 
(Fariña e Xusto, 1991), Troña, Torroso, Torre de Padin, Penalba, Castrovite, As 
Croasde Salcedo, Penarrubia, A Graña, e A Peneda do Viso, entre outros. Entre 
os que se ubican en puntas mariñas, existen diferencias igualmente, pois mentras 
a Punta do Tallo (Ramil, 1989) se localiza nunha área acantilada, O Neixon 
Pequeno (Acuña, 1976) sitúase a carón dunha praia. 
Existe, non obstante, unha diferencia de distinto cariz entre os castros antigos, 
xa que mentras uns son abandonados antes de meados do milenio (Penarrubia, 
Penalba, Torroso), otros continúan habitados até despois do cambio de era 
(Castromao, Troña, A Graña). Senón como causa única, un dos factores que pode 
explicar a continuidade destes poboados, tal como apunta Martins (1 988; 24-25) 
para o Norte de Portugal, 6 a maior cantidade de recursos económicos dispoñíbeis 
nas suas inmediacións e, sobre todo, un nítido control estratéxico dos vales e vias 
naturais de comunicación. 
Polo xeral, os castros desta época son de dimensións pequenas, chegando 
comente nalguns casos a rebasar escasamente unha superficie de 1 Ha.I5. É dificil 
saber cal son as dimensións que ocupa realmente o asentamento intramuros 
correspondente a este momento, no caso dos poboados que tiveron unha ocupa- 
ción prolongada, até despois do cambio de era, posto que xeralmente sofriron 
ampliacións da superficie habitacional orixinal e, por outra parte, as excavacións 
arqueolóxicas realizadas nestes xacimentos nunca alcanzaron a suficiente exten- 
sión para coñecer debidamente o problema. En cambio, podemos saber o tamaño 
dos castros abandonados con anterioridade a meados do milenio; mentras que a 
superficie ocupada polo castro de Penalba ronda as 0,50 Ha. (Alvarez Núñez, 1986; 
1 o), o de Torroso (fig. 9) sitúase ao redor de 1 Ha. (Peña, en prensa). Tomando 
como criterio o tamaño dos asentamentos, puidérase dicir que non se aprecia unha 
xerarquización dos mesmos. 
Todos os castros habitados nesta etapa posuen un único recinto, defendido 
cunha muralla de diversa factura. Nalgúns casos, como no castro de A Graña 
(Meijide, 1990; 1 13) é enteiramenten térrea, con contención de grandes pedras na 
base; noutros, encontrase formada por grandes bloques irregulares de pedra, 
como en Castromao (Fariña et alii, 1983; 11 6). Tarnén se encontran murallas que 
se poden denominar aterrazadas, compostas dun muro de pedra cun único 
paramento exterior, soportando un aterrazamento do poboado; é o caso de 
Penalba (Alvarez Núñez, 1986; 20) e Torroso (Peña, 1992; 21). Por último, 
rexístrase no castro de As Croas de Salcedo (Pontevedra)I6, e tamén no de 
Penarrubia (Arias, 1979; 61 4), unha muralla realizada enteiramente en pedra con 
dous paramentos, que pressenta unha anchura moderada (non chega en nengun 
dos casos citados a 3 m.). 
Xa dende a fase antiga son empregados os foxos e parapeitos térreos ou 
contrafoxos, para reforzar o sistema defensivo nos puntos máis vulneráveis 
naturalmente, tal como se rexistra no castro de Torroso (Peña, 1992; 15). 
Ao igual que o sistema constructivo das murallas, as construcións domésticas 
tamen presentan unha grande variedade. Emprégase como material constructivo 
tanto a materia vexetal, como o barro ou a pedra, ben exclusivamente, ben 
combinándose en distintas partes das edificacións. Quizáis a técnica máis frecuen- 
te sexa a que utiliza un armazón vexetal entrelazado, que se reviste, tanto exterior 
l5 Hai que ten en conta, por outra parte, que case sempre a parte superior do cerro onde se asenta 
o poboado está ocupada por afloramentos rochosos, como se decia anteriormente; razón pola cal a 
superficie realmente habitavel ainda seria menor que a abarcada polas murallas. 
'Quero agradecer a información facilitada por Victor Barbi Alonso, director da excavación realizada 
moi recentemente neste castro. 
Como interiormente, de barro. É dificil atopar partes completas dos muros de tales 
~ ~ ~ s t r u c i ó n s , debido a fraxilidade dos materiais, se ben téñense achado fragmen- 
tos destes muros en niveis de moitos castros da época: Penarrubia (Arias, 1979; 
61 S), Troña (Hidalgo, 1984-85; 1988-89; 91), Castromao (Fariña et alii, 1983; 107) 
e Castrovite (A Estrada). Mentras en Torroso (Peíia, 1992) os muros encontranse 
construídos enteiramente en pedra, en Penalba (Alvarez Núñez, 1986) unicamente 
Se emprega a pedra na definición dun zócalo irregualr na cimentación das 
construcións. 
A planta máis frecuente das construcións é a circular, caiquera que sexa o 
material empregado no alzado dos muros. A veces, como por exempio en 
Castromao (Fariña et alii, 1983; 1 16) ou A Graña (Meijide, 1990; 1 14), a planta das 
edificacións aparece definida por buracos de poste, ou ben por unha zanxa na que 
se observan imprentas de postes. Existen, non obstante, casos máis raros, como 
o castro de Torroso, onde se documenta, ao lado de construcións circulares, unha 
edificación de planta mixta, composta dun corpo ablongo e doutro de muros 
perpendiculares coas esquinas redondeadas (fig. 10). 
FASE MEDIA 
Nun momento que non se encontra ainda fixado cronolóxicamente, se ben 
ubicariase entre os séculos V e VI a.c. asístese ao surximento dun novo modelo 
de ocupación do territorio, con asentamentos volcados completeamente cara ao 
val. Tendo en contaque, xunto aos novos castros ubicados en plenoval, alguns dos 
da fase anterior continuan habitados, todo parece suxerir que aumenta 0 número 
de poboados e, por outra parte, non se reduce, en xeral, o seu tamaño. En 
consecuencia, hai que pensar que se produce unha paulatina expansión demográ- 
fica (Silva, 1990; 299), tal com sucede no resto de Europa pola mesma época. 
Cos datos actualmente disponíbeis é dificil datar en Galiza o inicio desta nova 
fase con anterioridade aos comenzos do S. IV a.c. Nun momento impreciso deste 
século constrúese o castro de Cortegada, a tenor dos datos proporcionados pola 
cronoloxía radiocarbónica (Carballo e Fábregas, 1991 ; 253) e tipolóxica, o mesmo 
que sucede no castro da Forca (Carballo, 1987; 140), e probabelmente tamén no 
Coto do Mosteiro (Orero, 1988-89; 63). Contra o que se ten dito habitualmente, non 
crernos que tampouco o castro de Cameixa (López Cuevillas e Lorenzo, 1986) 
poida ser datado con anterioridae ao S. IV a.c. ou como moito ao S. V a.c. Todos 
estes xacimentos pertenecen ao novo modelo de ocupación do territorio que surxe 
nesta fase. 
Ainda que xa na etapa precedente alguns asentamentos foron localizándose 
nas proximidades do fondo dos vales, será agora cando este proceso cobre 
verdadeira dimensión. Como consecuencia probábelmente diso, os poboados 
fortificados desta etapa xa non buscaron lugares ben defendidos naturalmente, a 
diferencia dos anteriores. É dicer, o que se busca é a maximización dos recursos 
agropecuarios, acercándose ás terras potencialmente máis fertiles, mentras que se 
minimiza a desventaxa da pérdida de poder defensivo, coaconstrución de sistemas 
defensivos, a veces, de grande envergadura. Un claro exemplo disto que acaba- 
mos de dicer, pode ser o proporcionado pola excavación dos castros Montaz e de 
As Orelas17. Mentras o primeiro encóntrase ubicado nun cerro ou esporón rodeado 
de fortes pendentes, dominante sobre o val do río Deza, o segundo localízase a 
moita menor cota, plenamente no val, a pesar de que ocupa unha pequena lomba, 
con condicións naturais de defensa que, ainda sendo boas, non son comparabeis 
ás do anterior xacimento (fig. 5-a). 
Existen discrepancias entre os investigadores á hora de explicar as 
transformacións que diron lugar a esta nova fase dos castros. Mentras algúns 
autores ainda seguen mantendo asvellas teoríasde migraciónsde pobos (túrdulos, 
etc.) e de influéncias do ámeto centroeuropeo, agregándolle a isto o impulso 
provocado polo comercio púnico (Silva, 1986; 37), outros consideran máis acerta- 
damente -ao meu xuício- que as causas son esencialmente endóxenas, e hai 
que buscalas na intensificación da explotación agrícola. Pero, en última instancia, 
isto último puido perfeitamente ser a consecuencia dunha forte presión demográ- 
ficasobre os recursos, que daría lugar ao agotamento dos solos máis elevados; 
como resultado, moitas comunidades irían ubicándose en pleno val, a costa de 
ganarlle terras ao bosque. 
Nesta fase surxen, como anticipábamos máis arriba, novos patróns de 
emprazamento, que se poden reducir a dous: o de lomba e o de ladeira. O primeiro 
(fig. 8-2) ocupa un outeiro ou unha lomba, estando rodeado de pendentes 
xeralmente moderadas (menos do 25 %). Domina por altura todo o espacio 
circundante, se ben o desnivel repeito ás terras dos arredores non é frecuentemen- 
te moi grande (fig. 4-A). Con estas características topográficas, as condicións 
naturais de defensa do poboado, con ser boas, non igualan aos emprazamentos 
que ocupan os castros da fase anterior. Pero, o que ademáis os diferencia destes 
últimos, é a grande extensión de terras con aptitude agrícola existentes nun radio 
de 1 km. Como exernplo dos castros que cumpren esta definición, entre aqueles 
que foron excavados, encóntrase o de As Orelas (Silleda, Pontevedra). 
Respeito ao segundo patron de emprazamento (fig. 8-3), hai que advertir que, 
entre os castros que ocupan unha ladeira, existen algunhas variantes, en función 
de se a pendente é maior na parte alta ou baixa da vertente. A ladeira na que se 
ubican estes castros é de pendente suave ou moderada (menor do 25 %), sendo 
case sempre dominados por altura desde a parte alta daquela (fig. 4-B). Do 
emprazamento topográfico dedúcese que as suas condicións naturais de defensa 
son máis; por iso, aparecen reforzadas as defensas do poboado no lado que 
comunica coa parte alta da ladeira, mediante unha elevada muralla, e un ou máis 
foxos e parapeitos. En case todos os casos ocupan unha liña de ruptura de 
pendentes que, asimesmo, separa dous dominiios agrarios (fig. 8-3): un, con 
vocacion netamente agrícola (o ager), e outro, con tendencia a unha explotación 
l7 O Castro Montaz inicia moi probabelmente a sua ocupación nun momento non datado con 
precisión de fase antiga da cultura castrexa, para continuar habitando até despois do cambio de era, 
mentras que o momento de fundación do Castro das Orelas dificilmente pode ser datado con 
anterioridade ao S. lll a.c. a pesar do amplo marxen da data radiocarbónica calibrada (Carballo e 
Fábregas, 1991 ; 253). 
pecuaria ou forestal (o saltus). A visibilidade desde o castro é moi reducida nunha 
dirección, mentras que é máis ampla na contraria, coincidindo coa localización das 
terras potencialmente agrícolas. Moitos dos castros excavados en Galiza nos 
últimos anos responden a este patrón: Coto de Mosteiro, A Forca, Recarea, Pedra 
Moura, Piñeiro, Cortegada, O Marco, Cartimil, Cameixa, San Millán, e o mesmo 
Coaña, Borneiro e Fozara, se ben estes tres últimos encontrábanse a medio camiño 
entre os dous modelos descritos. 
Tanto o modelo representado polos castros a pé de ladeira, como algúns dos 
que ocupan un pequeno outeiro, son denominados <(castras agrícolas>> por alguns 
autores portugueses (Almeida, 1904; 38). Esta denominación coido que non é 
demasiado acertada, por exclusivista, xa que podería entenderse que os castros 
cun patrón de emprazamento diferente non serían <<agrícolas)>, cousa que xa está 
confirmado que non resulta real, como se pode comprobar, por exemplo, a través 
da grande cantidade e variedade de restos carpolóxicos (trigo en diferentes 
variedades, millo miudo, cebada, avea) descubertos en castros como Penaiba, 
Montaz ou Castrovite. É seguramente certo, non obstante, que os castros mal 
chamados <<agrícolas)> representan unha intensificación da explotación agrícola1*. 
Por outra parte, Almeida (1984) ten datado os devanditos castros con 
posterioridade á conquista romana, crendo que serían consecuencia da política de 
Augusto de dispersión de poboación e de baixada dos castros altos, co incentivo 
da asignación do ager. Outros autores (Almeida, 1990; 275 e SS.) fan comenzar o 
fenómeno na primeira metade do S. I a.c. tras as campañas de Cesar na Gallaecia; 
peor a interpretación non deixa de ser rnoi semellante, ao ser considerados os 
((castras agrícolas), como o expoñente do inicio da romanización. Tal como veñen 
confirmando as excavacións realizadas en Galiza nos ultimos anos, o fenómeno 
representado pola aparición de novos castros en pleno val e con desfavorábeis 
condicións naturais de defensa, é netamente indíxena, e comenza polo menos no 
S. IV a.c. Castros como Coto do Mosteiro, A Forca, Cortegada, Racarea, Cameixa, 
Fozara ou As OreIaslg, inician a sua ocupación ben no S. IV a.c. ben con 
anterioridade ao S. I a.c. tal como o confirman as datacións tipolóxicas e 
radiocarbónicas (Carballo e Fábregas, 1991); mesmo, alguns deles non parecen 
rebasar o cambio de era (caso de A Forca, Cortegada e, posibelmente, Fozara). lsto 
non é óbice, non obstante, para que o poder romano permita ou mesmo intensifique 
parcialmente o asentamento neses lugares, tal como fixo con poboados ubicados 
noutro tipo de emprazamentos (Santa Trega, Troña, Santa Luzia, etc.). 
Procesos semellantes como oque nos coupa, maniféstanse asimesmo en áreas 
da Península Ibérica próximas ao Noroeste. En Salamanca, mentras os poboados 
da 1 a ldade do Ferro se situaban en altura, durante a 2Vdade do Ferro predominan 
os localizados a pe de ladeira; fenómeno que González-Tablas (1 983-84; 148) 
relaciona cunha transformación da cabana gandeira e cunha intensificacón agríco- 
la Por outra parte, a baixa altitude (Almeida, 1990; 261) non é unha característica dos chamados 
((castros agricolas~>, pois ainda que nalgunhas partes baixas e medias das bacias dalgúns rios non 
supren os 50 ou os 200 m. (Martins, 1990; 209), noutras, como a bacia media do Ulla (Carballo, 1990), 
por exemplo, poden alcanzar os 700 ou 800 m. de altitude. 
l9 Aos xacimentos citados hai que agregar no Norte de Portugal, o Castro do Lago (Martins, 1988a). 
la. De igual xeito, os poboados de Soria máis antigoc (S. VI-V a.c.) privilexian os 
lugares con boas condicións naturais de defensa. pero só aquelcs que gozan de 
mellor situación estratéxica, dominando as vias naturais de comunicaci6n, conti- 
nuarán habitados durante a fase ceitibérica. En torno ao 400 a.c. moitos castros 
sorianos son abandonados, mentras siirxen outros novos, con diferente 
emprazamento, xeralmente a menor altitude (Romero Carnicero, 1991 : 365). Estes 
novos poboados represetnan na zona o inicio do mundo celtib6rico e da chamada 
2"dade do Ferro, levado ao autor supracitado a interpretar o fenómeno como unha 
consecuencia do incremento da produción agrícola. 
Durante a fase da cultura castrexa que nos ocupa, producese non só un 
aumento do número de poboados, senon tcarnén un incremento do seu tamañ~. 
Indicio do primeiro é a aparición de novos patróns de emprazamento, unido ao feito 
de continuar habitados varios dos castroc da etapa anterior, e proba do segundo 
él tanto o tamaño superior dalgúns poboados, como o dato que agora se xustapoñan 
novas recintos ao central ou primeiro (caso de Cortegada), ou se amplie a superficie 
habitacional de castros que, como Troña (Hidalgo e Rodríguez, 1988; 135), xa tiñan 
iniciado a sua ocupación na fase anterior. Estes datos permiten pensar que a partir 
de S. IV a.c. se produce un aumento demográfico continuado, tal como se constata 
temén no Norte de Portugal (Silva, 1986; 61). 
A diferencia do que sucedía na etapa anterior, agora xa se rexistran poboados 
con mais dun recinto amurallado (fig. 111, aindaque no seu conxunto non cheguen 
a superar as 2 ou 3 Ha. que saibamos. O máis frecuente, non obstante, son os 
castros cunha superficie comprendida entre 0,5 e 1 ,O Ha. Case sempre os recintos 
que amplian a superficie habitacional do poboado, aparecen adosados ao principal 
ou primeiro2? 
Nas murallas que delimitan o espacio habitacional empréganse diferentes 
materiais e solucións constructivas. Mentras no castro de A Graña, ao parecer, 
continua en uso a muralla térrea levantada na etapa anterior (Meijide, 1990; 1 19), 
e posibelmente no deBorneiro (Romero Masiá, 1987) se edifique a muralla de 
pedra con dous pasamentos (exterior e interior), noutros asentamentos rexístranse 
sistemas constructivos diferentes. Tanto no castro de Cortegada, como o de As 
Orelas, aparece unha muralla aterraplenadas, non documentada por agora na fase 
anterior. Está composta ésta, por un terraplén térreo exterior, delimitado cara o 
interior do poboado por un muro de contención de pedra con un só paramento (fig. 
12). Por Último, no castro da Forca (Carbaflo, 1987; 107) foi descuberta unha 
estrutura defensiva composta de dous lienzos de muralla paralelos, e un recheo de 
terra entre ambos2'. Esta muralla alcanza unha anchura considerabel, ainda que é 
de supor que só adopte esa disposición no lado máis desguarnecido naturalmente 
-o que enlaza coa parte alta da ladeira-. 
Foxos e parapeitos proliferan durante esta fase, agregándose sucesiva e 
20 Non se coñece nesta fase nengun poboado aberto; 6 dicer, sen defensas naturais ou artificiais. 
21 Se ben na excavación efectuada no castro non quedou determinado deforma segura este sistema 
contructivo, por non alcanzar a excavación á totalidade de anchura da muralla, a sua estrutura quedou 
aclarada tras os traballos de ampliación da estrada que corta o castro. 
alternativamente duas, tres ou máis veces, nos lados máis desprotexidos; sobre 
todo, naqueles castros que non gozan de boas condicións naturais de defensa. 
Nesta época continuan levantándose construcións de barro con estrutura 
interna de paus e madeiras entrelazados, sinalándose a sua presencia nos castros 
de Cortegada, Fozara (Hidalgo e Rodíguez, 1987; 21), Cameixa (López Cuevillas 
e Lorenzo 1986; 13) e Baroña (Calo e Soeiro, 1986; 14), entre outros2*. No caso de 
Cortegada (fig. 12) os restos das construcións de barro asociados a buracos de 
poste son contemporáneos das duas edificacións de pedra descubertas (unha 
probábelmente de planta circular). 
Entre as plantas das construcións, a circular continua a ser maioritaria. O máis 
frecuente é que se construan con muros de pedra, se ben tamén se emprega 
abundantemente, como deciamos, un armazón de materia vexetal e barro. Con 
material descoriecido, pero iguatmente pouco consistente, serian levantados OS 
muros das construcións curvas do castro de A Graña (Meijide, 1990; 1 15), que 
definen os seus cimentos mediante un zócalo de pedras fincadas. 
Con menor frecuencia rexístranse tamén construcións de planta ovalada, e 
cuadradas ou rectangulares de esquinas redondeadas. Estas úlimas, podendo ter 
algún antecedente no castro de Torroso (fig. 1 O), rexístranse con certas variantes 
nos xacimentos de A Forca (Carballo, 1987), A Lanzada (Suárez e Fariña, 1990), 
e Lubián (Esparza, 1986), entre outros. 
A coñecida decoración plástica de decorados, entrelazos, etc. que presentan 
algunhas construcións, é introducida nesta fase, polo menos nos seus momentos 
finais (Fariña etalii, 1983; 123), ainda que existen autores que avinculan co mundo 
romano (Calo, 1983; 184). No castro da Forca (Carballo, 1987; 121) documéntase 
con anterioridade ao S. I a.c. 
FASE FINAL 
En torno a fins do século II a.c. e cornenzos do seguinte, según a maioria d o s 
autores, asistese ao paso a unha nova fase, caracterizada por unha maior 
cornplexidade social e por unha economía máis desenvolta. Continuan en vigor os 
mesmos patróns de emprazamento da etapa anterior, tanto os localizados nunha 
ladeira de pendente suave, como os que ocupan uhha loma ou outeiro, pois se ben 
alguns castros son abandonados, outros levántanse agora. Entre estes últimos ha¡ 
que citar, por exemplo, os castros de Cartimil e de O Marco, emprazados ao p é 
dunha ladeira de pendente suave, nos que a sua ocupación inicial é datada entre 
fins do S. II a.c. e comenzos do S. 1 a.c. (Carballo, en prensa). Tamén alguns dos 
poboados orixinados na fase antiga continuan ocupados ininterrumpidamente ate 
despois do cambio de era. 
22 Cremos que o nivel máis profundo do castro de Baroña é algo máis antigo do que propoñen os 
seus excavadores (Calo e Soeiro, 1986), incluíndose nos últimos momentos da fase media da cultura 
castrexa. Basamos esta opinión, tanto na tipoloxia da ceramica castrexa, como na clara presencia de 
cerámicas ibero-púnicas. En todo caso, os restos de construcións de barro aparecen fragmentados no 
nivel inferior; é dicer, que estas construcións se encontraban xa destruidas. 
Se ben non aparecen novos patróns de empra~amento~~, asístese á concentra- 
ción de poboación en determinados lugares, ou ben á creación de novos 
asentamentos que chegan a alcanzar notábeis dimensións. Entre os castros de 
nova creación nesta fase pódese citar o de San Cibrian das Lás (Pérez, 1985), 
mentras que entre os que amplian a sua superficie habitacional ternos, entre outros, 
os de Castromao, Troña, Vigo (Hidalgo, 1987) ou Santa Trega (Peña, 1985-86). 
Todos os citados reunen como caracterísitcas as seguintes: 1) boas condicións 
naturais de defensa, 2) un emprazamento que goza dunha posición estratéxica 
privilexiada, dominando un amplo espacio ao seu redor, por onde discorren vias 
naturais de comunicación, e 3) un tamaño grande24. Trátase, en definitiva, de 
lugares centrais, nos que se concentran funcións económicas, sociais e, 
posibelmente relixiosas, ademáis do poder político. Non chegan a ser, con todo, 
auténticas cidades, ao falar alguns dos elementos que caracteriza a éstas, como 
a emisión de moeda, o funcionamento dunha adminsitración, e a existencia dun 
Estado (Ruiz, 1 987). 
Nun corto período de tempo (no S. I a.c.) o castro de Troña sofre un aumento Z i 
considerábel da sua superficie habitacional, sendo relacionado este feito co 1 
abandono do veciño poboado de Fozara (Hidalgo e Rodríguez, 1988; 136-1 39). O 
mesmo fenómeno prodúcese no castro de Santa Trega, que aumenta 
espectacularmente a sua poboación, a costa do abandono dalguns poboados 
próximos como o de A Forca (Carballo, 1987; 141 ). Tanto este último, como Fozara, 
son asentamentos localizados en pleno val, con escasas condicóns naturais de 
defensa, mentras que Troña e Sta. Trega (fig. 5-b) son puntos que dispoñen, 
ademais dunhas excelentes defensas naturais, dunhas condicións estratéxicas 
privilexiadas, sobre o val do Tea, no primeiro caso, e do Baixo Miño e costa atlantica, 
no segundo. Procesos semellantes de concentración da poboación parecen darse, 
igualmente, no Norte de Portugal (Silva, 1983-84; 128). 
De todos os xeitos, o fenómeno comentado non parece poder xeneralizarse a 
toda Galiza, polo menos coa mesma intensidade. Na bacia media e baixa do rio 
Miño e, en xeral, a área meridional de Galliza, existen poboados de dimensións 
i 
considerábeis, aos que hai que definir como proto-cidades: Santa Trega (20 Ha.), 
San Cibrán das Lás (9 Ha.). Pero, ao mesmo tempo, outros castros que non 
alcanzan semellante tamaño, tamén parecen posuir características para ser 
1 
! 
definidos como lugares centrais: Castromao (1,5 Ha.), Troña (2 Ha.), e t ~ . ~ ~ . En t f 
calquer caso, hai que admintir que a grande diferencia de tamaño entre os dous 1 
grupos debe posuir unha significación política que descoñecemos. 
Ainda que destaquemos a existencia de castros de tamaño medio ou grande, 
23 Frente ao modelo de bastantes rexións do centro e occidente de Europa, onde a maioría dos 
asentamentos dos séculos II e I a.c. eran pequenas aldeas ou caserios agrícolas (Collis, 1989), en 
Galiza os poboados continuan a estar fortificados. 
24 Estas características son as que definen xeralmente aos oppida europeos (Collis, 1989; 223 e SS.). 
25 Existen tamén castros que, alcanzando unhas dimensións semellantes, non presentan boas 
condicións defensivas, nen unha posición dominante sobre as vias naturais de comunicación. E o caso 
do Castro de San Millán que ocupa unha superficie intramuros de aproximadamente 2,7 Ha. (Rodríguer 
e Fariña, 1 986; 45). 
o que predomina nesta fase, asi como nas anteriores, son os poboados de 
superficie comprendida entre 0,50

Continue navegando