Buscar

Tema Elementos Da Linguagem Visual

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes
Você viu 3, do total de 13 páginas

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes
Você viu 6, do total de 13 páginas

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes
Você viu 9, do total de 13 páginas

Faça como milhares de estudantes: teste grátis o Passei Direto

Esse e outros conteúdos desbloqueados

16 milhões de materiais de várias disciplinas

Impressão de materiais

Agora você pode testar o

Passei Direto grátis

Você também pode ser Premium ajudando estudantes

Prévia do material em texto

Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 1 
 
 
 
ACTIVIDADE INICIAL. Aprender a mirar: 
 
 
 
 
¿Que diferencias atopas entre estas 
imaxes? 
 
¿Como cres que está feita cada 
unha? 
 
¿Que mensaxes cres que 
transmiten as imaxes? ¿Cal será a 
función de cada unha? 
 
 
 
 
TEMA 2. ELEMENTOS DA LINGUAXE VISUAL 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 2 
 
Aprender a ler e construír imaxes permítenos comunicarnos nunha linguaxe universal, 
xa que este pode ser entendido por distintos pobos e culturas. Dominar a linguaxe das 
imaxes supón coñecer todas as súas posibilidades comunicativas e expresivas. 
Calquera representación da realidade pódese descompor nun esquema que nos deixa 
extraer e coñecer os elementos que a forman. É o que sucede cando desarmamos un 
aparello: podemos observar todas as súas pezas e, posiblemente, despois 
necesitarmos unhas instrucións ou esquema que nos axuden a recompolo para que as 
súas pezas volvan encaixar perfectamente. 
 Nesta Unidade imos observar os elementos que conforman as imaxes, recoñecendo 
nelas a súa forma e a presenza de puntos, liñas, planos e texturas. Aprenderemos a 
recompor imaxes, a transformalas e, a partir delas, a construír outras novas co fin de 
transmitir ideas e sentimientos. 
 
 
 
O punto é o elemento gráfico máis pequeno que se pode debuxar. 
Os puntos forman liñas, as liñas planos e os planos forman 
volumes. O punto non tren dimensión pero pode cambiar de 
tamaño e cor, material ou forma. 
 
Existen dúas clases de puntos: o punto xeométrico e o punto 
gráficoplástico, coñecido tamén como signo gráfico. 
 
 
ƒ O punto xeométrico utilízase en debuxo técnico e 
xorde cando dúas rectas se cortan. Este tipo de punto 
non ten dimensións, é dicir, carece de altura, de 
anchura e de profundidade. 
 
ƒ O punto gráfico-plástico ou signo gráfico é o máis 
simple dos elementos que se utilizan para debuxar 
formas. É o elemento de expresión gráfica de menor tamaño, e aínda que estemos 
habituados a entender que o punto é redondo, en realidade pode representarse de 
diferentes formas según a súa función. 
Por exemplo os puntos de texto, soen ser cuadrados e moi 
pequenos para non distraer a atención, 
a súa función é simplemente gramatical, 
e serve para indicar pausas na lectura. 
Pensa nos puntos que se utilizan de 
indicacións nos mapas.... 
 
Sen embargo o punto gráfico empregado plásticamente 
pode ter o contorno e as superficies irregulares. 
 
É posible facer puntos ou signos gráficos coa pegada 
que deixa no papel un lapis, un rotulador, un pincel con 
pintura, etc. Os puntos poden presentar diferentes cores, 
dimensións e formas, sempre que sexan pequenas: 
círculos, estrelas, triángulos, etcétera 
 
 
1. O PUNTO 
 
 
O Bico, 1907-08. Gustave Klimt
 
 
Representacións 
convencionais de puntos 
 
 
 
Xeométricamente definimos o punto cómo o 
lugar xeométrico onde se cruzan dúas rectas. 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 3 
 
O PUNTO NO ESPAZO 
 
Un punto debuxado sobre un plano de papel dirixe a nosa atención cara a el e xera 
diferentes tensións: centrais, diagonais, verticais, horizontais, etc. Estas tensións 
producen sensacións variadas: orde e equilibrio, inestabilidade, dinamismo... As 
distintas posicións dun só punto sobre o soporte estruturan de xeito sinxelo o espazo 
do plano. Varios puntos nun mesmo plano definen diferentes formas. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Se destribuimos puntos nun soporte de xeito 
aleatorio, a composición resulta dinámica; o 
efecto de movemento e profundidade pode 
reforzarse variando o seu tamaño e a súa cor. 
 
 
O PUNTO DE ATENCIÓN 
 
Cando observamos unha imaxe podemos ver formas, 
personaxes, obxectos naturais ou artificiais... Cada imaxe 
está composta por diferentes elementos: puntos, liñas, 
planos e texturas. De todo o que vemos soe haber unha 
zona que nos chama a atención. A este espazo, que 
resulta máis importante que o resto, chámaselle punto de 
atención e delimita a zona de maior interese. 
 
 
De todo o que vemos soe haber unha zona que nos chama a 
atención; por exemplo, no cadro de James Ensor, Autorretrato con 
máscaras, é a cara do artista. 
 
Orden e equilibrio Movemento cara a dereita Inestabilidade 
Dous puntos fan que imaxinemos unha liña recta Con tres puntos imaxinamos un triángulo 
 
 
O punto creador de sensación espacial 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 4 
James Ensor, Autorretrato con máscaras, 1899 
 
O PUNTO CONSTRÚE IMAXES 
 
Todas as imaxes pódense descompor en puntos. Por 
iso, debuxar unha forma consiste en imaxinar os 
puntos que poden perfilala sobre o soporte. 
 
Se utilizamos o punto como elemento abstracto, 
podemos crear formas fantásticas e descoñecidas, 
que carecen de relación coas imaxes que vemos na 
realidade. 
 
Se pola contra empregamos o punto como elemento 
figurativo, podemos construír obxectos, paisaxes, 
personaxes, etc., de formas coñecidas que si están 
relacionadas coas imaxes da realidade. 
 
 
O PUNTO SOMBREA 
 
Co punto podemos representar a forma dos 
obxectos, darlles volume e sensación de 
profundidade. 
 
A acumulación e dispersión dos puntos permítenos 
sinalar o contorno dos obxectos e crear a sensación 
de volume. 
 
A utilización de diferentes tamaños de puntos pode 
dar a sensación de distintos planos no espazo: os 
puntos máis pequenos afástanse e os máis grandes 
parecen estar máis cerca. A distancia e a 
proximidade dos puntos permítenos afastar e 
achegar formas e crear así unha sensación de 
profundidade. 
 
O PUNTO COLOREA 
 
Co punto tamén é posible dar diferentes cores aos 
obxectos e ás figuras que construímos. Se situamos 
os puntos á mesma distancia uns doutros, estaremos 
coloreando uniformemente unha zona da imaxe. 
Se os xuntamos moito, as cores veranse máis 
escuros. Se os poñemos separados, as cores 
veranse máis claras. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 5 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Georges Seraut. Modelo de frente. 1887. 
Óleo sobre taboa. 25 x 16 cm. Museo de 
Orsay. París. Francia 
Paul Signac. Palazo dos Papas en Aviñón, 1900. Óleo 
sobre lenzo, 73,5 x 92,5 cm. Museo de Orsay. París. 
Francia. 
EN PROFUNDIDADE. O puntillismo 
 
Afínais do século XIX xurdiu un movemento pictórico 
baseado no estudo da luz que se denominou 
impresionismo, Os artistas pintaban sempre do 
natural e o seu obxectivo era captar o momento fugaz, 
a impresión instantánea. Era un tipo de realismo que 
derivou logo cara a outras técnicas, como o 
puntillismo. 
 O puntillismo recibiu o seu nome da técnica que 
utilizaba, baseada en pequenas pinceladas en forma 
de puntos. Os seus representantes, entre os que 
destacan Georges Seurat (1859-1891) e Paul Signac 
(1863-1935), pretendían normalizar as dimensións da 
pincelada converténdoa nunha unidade. O pequeno 
tamaño dos puntos favorece a mestura óptica, de tal 
xeito que, se nun espazo combinamos puntos 
vermellos e puntos amarelos nunha mesma 
proporción, ao observalos, obteremos na nosa retina a 
cor laranxa. Partindo dos puntos, e a través da 
aproximación ou afastamento destes créase a masa de 
cor e o volume necesarios para configurar a obra de 
arte, No primeiro plano, os puntos están moi preto uns 
doutros; con todo, nos planos máis afastados os 
puntos están máis dispersos.Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 6 
 
A liña é un elemento gráfico que, do mesmo xeito que o 
punto, utilízase para construír formas e imaxes. Cando un 
punto ponse en movemento, deixa un trazo e convértese 
nunha liña. Segundo sexa a traxectoria do punto, as liñas 
poden ser rectas, curvas, crebadas, onduladas, mixtas, 
abertas, pechadas, etcétera. 
 
Existen tamén dúas clases de liñas a estudar: a liña 
xeométrica e a liña gráficoplástica. 
 
ƒ A liña xeométrica represéntase de xeito uniforme e 
defínese como a intersección de dous planos. 
 
Para debuxar unha liña xeométrica é necesario utilizar 
ferramentas de debuxo técnico (escuadra, cartabón, 
plantiña de curvas, etc.). 
 
ƒ A liña grafico-plástica, en cambio, é un instrumento de 
gran versatilidade e escapa ás normas: adopta gran 
variedade de formas, cores e texturas e o seu trazo pode 
ser de infinitos xeitos. 
É máis libre e pódese realizar con ou sen instrumentos de 
apoio. A liña pode ter diferente forma e dimensións en 
función de como sexa o seu trazo: longa, curta, continua, 
descontinua, grosa, fina, etc. pero sempre será 
considerablemente máis longa que ancha. 
 
Así podemos distinguir na liña plástica diferentes 
configuracións atendendo ao seu grosor, intensidade, cor 
e uniformidade. 
 
ƒ A intensidade: Depende da maior ou menor presión que 
apliquemos sobre a superficie coa ferramenta de debuxo. 
 
ƒ O Grosor: A intensidade do trazo resultante adoita ir 
acompañada dun grosor proporcional: a máis presión do 
xesto gráfico sobre o soporte, máis intensa será a liña e máis grosa. 
 
 
2. A LIÑA NA IMAXE 
Liña recta, todos os seus puntos van 
nunca mesma dirección 
Liñas con diferentes grosores, intensidades e cores: 
 
 
 
Intensidade Grosor Continuidade 
r 
A 
B 
A intersección dos planos A e B no 
espacip define a liña xeométrica r 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 7 
A LIÑA NO ESPAZO 
 
Unha liña recta pode dividir o espazo en dúas partes; con máis liñas o espazo quedará 
dividido en varias zonas. Por esta razón, a liña é o principal elemento estructurador do 
espazo; con ela podemos organizar o soporte dividíndoo en diferentes campos visuais 
e centrar a atención nunha parte do espazo. Observa os exemplos seguintes 
 
ƒ Unha liña con diferentes grosores divide o 
soporte pola metade e centra a nosa atención 
nela. 
ƒ Varias liñas poden dividir o soporte ou lámina 
de debuxo en distintas zonas. 
ƒ Moitas liñas poden formar unha composición 
sempre que estean organizadas no espazo. 
 
 
AS LIÑAS DE ATENCIÓN 
 
Entre as liñas que se empregan para distribuír 
o espazo nunha imaxe existen liñas de 
atención que se esconden entre os contomos 
das formas, nos eixos das figuras ou que se 
suxiren nas direccións que o ollo recorre. Estas 
liñas axúdannos a descubrir as diferentes 
zonas de interese nas que se dividiu o espazo 
e comprender mellor a mensaxe que nos 
transmite unha imaxe 
 
Campo visual: espazo no que ven ou 
constrúen todos os obxectos dunha imaxe 
 
A LIÑA CREA FORMAS 
 
A función máis importante da liña consiste en 
representar e configurar formas, é dicir, debuxar 
e dar forma visual ás figuras que aparecen nas 
imaxes. As formas poden estar escritas, se se 
trata de letras, palabras ou textos; debuxadas, se 
se representan obxectos, formas ou figuras; 
sombreadas se teñen volume, e pintadas, se 
teñen cores. 
 
A liña para escribir 
 
Escribir consiste en desprazar un lapicero, 
bolígrafo, etc. sobre un papel dando forma 
de letra aos nosos trazos. no grafismo o trazo 
cambia segundo a persoa que escriba. 
 
A liña para debuxar 
 
Configurar unha forma consiste en debuxar e 
construír o seu aspecto visual Debúxase 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 8 
utilizando liñas que definen o exterior da 
forma, é dicir, o seu contorno. E 
constrúese cando se identifican e 
representan as características do seu 
interior, é dicir, do seu dintorno. 
 
A liña para sombrear 
 
Ao sombrear unha figura mediante liñas 
conseguimos darlle unha sensación de 
volume e producir a ilusión de profundidade 
no espazo. Pódese sombrear mediante 
liñas paralelas moi xuntas, para crear zonas 
escuras, ou debuxalas máis separadas, 
dando lugar a zonas claras. Tamén 
podemos variar o grosor das liñas, 
facéndoas máis finas na zona de luz ou 
onde queiramos producir o efecto de 
distancia nos obxectos. Ademais, a 
combinación de diferentes tipos de liñas 
superpuestas consegue que as imaxes 
teñan máis dinamismo e expresividade 
 
A liña para colorear 
 
Pintar ou colorear consiste en cubrir dun 
mesmo cor unha zona ou superficie. Coas 
liñas podemos diferenciar as distintas partes dunha forma, facer que unha zona sexa 
máis clara ou máis escura que outra, ou conseguir que teña diferentes cores. 
Para cubrir con liñas unha superficie utilizamos liñas ordenadas, paralelas, 
superpuestas, cruzadas ou desordenadas en calquera dirección. 
 
A LIÑA COMO ELEMENTO EXPRESIVO. Tipos de liñas e a súa expresividade no 
plano: movemento, dirección, posición. 
 
A liña como calquera outro signo pode trazarse con diversos instrumentos e sobre 
diversos materiais. Se o trazo realízase nunha soa dirección temos unha liña recta, 
que pode ser horizontal, vertical, oblicua ou crebada. Se a dirección varía 
continuamente temos unha liña curva que pode ser circular, ondulada, libre, crebada 
ou zigzagueante. 
 
Así, a liña é a representación dunha sensación en movemento. Cando observamos 
liñas nunha obra, percorrémolas coa mirada, seguindo o movemento da súa dirección 
e traxectoria. Esta contemplación transmítenos sensacións e ritmos que podemos 
traducir dunha forma ou outra dependendo dos diferentes estados de ánimo. Polo 
tanto a liña pode expresar ideas, emocións e sentimentos. Obedece a un reflexo 
espontáneo e está impregnada da personalidade da persoa que a traza, coma se fose 
unha firma. 
 
Xa os nosos antepasados utilizaron a liña con todo o seu valor expresivo cando 
pintaban nas paredes das covas aos animais da súa contorna. 
Ademais dependendo da dirección das liñas que utilicemos ou a forma de agrupalas 
tamén obtemos sensacións diferentes. O primeiro que se ve dunha liña é a súa 
dirección e percorrido. Se a observamos con atención descubrimos a súa tonalidade 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 9 
(se é clara ou escura) e o seu grosor (ancha ou fina), ou se cambia modulando cada 
unha das súas características. 
 
A dirección de cada liña ten un valor expresivo diferente: 
 
ƒ Liñas rectas son continuas, planas, ríxidas e sen cambios. Transmiten 
constancia, rixidez. Son crebadas cando cambian con maior ou menor 
brusquedad de dirección. Estas son máis dinámicas, pero seguen 
ofrecendo rixidez, producen sensación de inestabilidade e poden resultar 
agresivas. Poden ter diferentes direccións: 
 
- A liña vertical dá sensación de forza, solidez, elegancia Unha 
composición na que predominen as liñas verticais dará sensación de 
forza, elegancia, ascensión, espiritualidade. As liñas verticais, ao 
contrario que as horizontais, alargan as figuras, xa que logo, fan que 
parezan máis estreitas e esveltas. 
 
- A liña horizontal produce no espectador un efecto de calma e 
tranquilidade, repouso e equilibrio, quietude e frialdade. Cando un 
obxecto está cheo de liñas horizontais, dá a sensación de que é máis 
ancho. Sobre a liña horizontal descansan en moitas ocasións os 
obxectos e elementos do plano (o horizonte, un bodegón...). 
 
- As liñas oblicuas expresan inestabilidade. Se son ademais 
concorrentes crean sensaciónde profundidade. 
 
 
ƒ Liñas curvas: varían de xeito constante a súa dirección e son ricas en tensións. En 
contraposición coa liña recta, a liña curva é símbolo de dinamismo e vitalidade, 
movemento, acción, tensión, falta de equilibrio e de estabilidade. Con todo, ten un 
encanto especial en relación a sinuosidade e delicadeza dos seus movementos. 
 
Poden ser curvas, circulares, 
concéntricas, onduladas, 
crebadas, en espiral, 
complicadas, etc. Todas elas 
implican movemento e 
dinamismo en distinta 
dirección e con velocidades 
diferentes. 
 
ƒ Liñas irregulares: teñen cambios continuos de dirección no seu percorrido e suxiren 
certa tensión. Poden ser de dous tipos: 
 
- Liñas irregulares rectas: presentan 
pequenos cambios que se perciben como 
unha constancia menos ríxida. 
 
- Liñas irregulares curvas: aumentan as 
tensións, o movemento e o ritmo ata 
chegar a producir desorde e ata caos. 
 
 
 
 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 10 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Probablemente sexa na época contemporánea cando se fai unha exploración máis fonda das 
posibilidades artísticas da liña, ata o punto de dar lugar a movementos e tendencias baseados 
fundamentalmente nela, como o Modernismo, o Neoplasticismo, o Raionismo e a Arte Cinética. As 
composicións de Piet Mondrian son significativas do primeiro, caracterizado por unha partición 
marcada dos planos en áreas de cores primarias por medio de liñas negras claramente definidas, 
orixinando composicións moi xeométricas. Na chamada "Op-Art", a liña con-vértese en protagonista 
absoluta, creando sensacións de movemento "óptico" no espectador, a base de repeticións de 
formas lineáis en branco e negro combinando curvas que xeran efectos ópticos. A arte abstracta en 
xeral fai un uso exhaustivo da liña como forma de expresión. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Decoración caligráfica na Alhambra de Granada (arte islámica). 
Pretroglifoos de Mogor. Dende a máis 
remota antigüidade o ser humano 
recorreu á liña para representar 
esquemáticamente o mundo que o 
rodeaba. 
Alberto Durero. Rinoceronte, 1915. 
 
Leonardo da Vinci 
Estudo para mans femeninas,1474. 
EN PROFUNDIDADE. A liña na arte. 
 
Xa desde a prehistoria hai constancia de pinturas rupestres con 
representacións abstractas de puntos e liñas. Os petrogli-fos 
que se atopan nalgunhas comarcas galegas representan 
esquemas lineares en torno a un punto central. 
A falta de técnicas e materiais máis elaborados, os nosos 
antepasados utilizaron a liña para simplificar as formas, 
logrando unha gran capacidade de sínte-se, non so para repro-
ducir mediante liñas simples os animáis que coñecían, senón 
incluso o dinamismo das escenas de caza. 
A prohibición islámica de representar imaxes dos seres vivos 
fixo que se recorrerá con frecuencia á escritura como motivo 
decorativo (as letras non son máis que trazados lineáis). Son moi 
abundantes os exemplos de edificios musulmáns, dentro e fóra 
de España, nos que a caligrafía árabe esquematizada aporta 
decoración as paredes, en pintura ou baixorrelevo. Aínda 
hoxe, a linealidade aporta un valor estético ademáis de 
comunicativo as escrituras árabe e chinesa. 
 
 
 
 
O Renacemento supuxo unha revitalización do debuxo. Artistas 
como Leonardo da Vinci, Miguel Anxo ou Rafael fixeron 
numerosos estudios e esbozos para os seus cadros onde a liña 
é protagonista na definición das formas e expresión dos 
volumes. 
 
 
Os gravadores tamén utilizaron as posibilidades das liñas en 
forma de tramas cruzadas para recrear volumes sobre unha 
superficie plana. As obras de Alberto Durero son as máis 
significativas deste estilo. A capacidade expresiva do gravado 
foi moi empregada no comezo da Revolución Industrial para 
elaborar ilustracións destinadas aos tratados científicos e 
técnicos. A imprenta encargaríase de difundilos, facendo un 
uso intensivo desta técnica gráfica. 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 11 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Mondrian. Composition With Red, 
Yellow And Blue. 1929. Óleo sobre 
lienzo. 45 x 45,5 cm. Solomon R. 
Guggenheim Museum. Nueva York. 
USA. 
Alfons Mucha. 
 La Brunete.. 
Litografía 
monocroma 
coloreada. 
46 x 33 cm. 
Colección 
privada. 
París. Francia. 
 
Gustav Klimt. A árbore da vida. 
1905-1909. 
Pintura al temple. 195 x 102 cm. 
Österreichisches Museum für 
Angewandte Kunst. Vienna. 
 
 
Victor Vasarely. 
V.P. 113. 1970. 
Acrílico sobre lienzo. 
 240 x 120 cm. 
Colección André 
Vasarely. 
Probablemente sexa na época contemporánea 
cando se fai unha exploración máis fonda das 
posibilidades artísticas da liña, ata o punto de 
dar lugar a movementos e tendencias 
baseados fundamentalmente nela, como o 
Modernismo, o Neoplasticismo, o raionismo e 
a Arte Cinética. 
O Modernismo: Xorde a finais do século XIX e 
nas súas obras a liña alágao todo. En 
particular, a liña ondulada e sinuosa. En 
España destaca o arquitecto Antonio Gaudí con 
obras como o Parque Güell ou a Sacra Familia 
de Barcelona. En pintura destaca, entre outros, 
o austriaco Gustav Klimt. Como cartelista o 
checo, Alfons Mucha. 
O Neoplasticismo: En contrapartida ás curvas 
modernistas, é un movemento holandés fundado 
por Piet Mondrian (1872-1944) caracterizado por 
unha partición marcada dos planos en áreas de 
cores por medio de liñas negras claramente 
definidas, orixinando composicións moi 
xeométricas. Nas súas obras predominan as liñas 
perpendiculares sobre as liñas curvas e oblicuas. 
A través da liña os artistas neoplásticos 
organizan o espazo visual. 
Nestas composicións rectilíneas aparecen 
unicamente as cores primarias (vermello, azul e 
amarelo) ademais do branco e o negro, O 
neoplasticismo distinguiuse especialmente pola 
súa pureza plástica. As teorías de Mondrian 
teñen a súa orixe nas obras cubistas de Georges 
Braque e Picasso. O neoplasticismo 
desenvolveuse tanto en pintura como en 
arquitectura. 
Na chamada "Op-Art", 
a liña convértese en 
protagonista absoluta, 
creando sensacións de 
movemento "óptico" no 
espectador, a base de 
repeticións de formas 
lineáis en branco e 
negro combinando 
curvas que xeran 
efectos ópticos.Victor 
Vasarely é o actor máis 
representativo deste 
movemento pictórico. 
 
A arte abstracta en xeral 
fai un uso exhaustivo 
da liña como forma de 
expresión. 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 12 
 
O PLANO NA IMAXE 
 
O plano é xunto co punto e a liña, un elemento expresivo da linguaxe visual e utilízase 
para debuxar formas. Desde o punto de vista xeométrico, unha sucesión de liñas 
yuxtapuestas, é dicir, liñas paralelas e trazadas unha xunto a outra, orixina un plano, 
unha superficie bidimensional (ancha e alta), in¬finita en todas as súas direccións. 
Pero para poder debuxar obxectos co plano, limitamos a súa forma cun contorno. 
 
Os planos pódense denominar tamén figuras e dependen da forma orixinada pola liña 
pechada. Existen moitos tipos de planos (Fig. 2.20), pero o seu tamaño sempre será o 
suficientemente grande como para que non sexa un punto. 
 
Segundo a súa forma, pódense distinguir dous tipos de planos: os xeométricos, de 
formas regulares (triángulos, cadrados, círculos, etc.), e os planos orgá¬nicos, de 
formas libres e irregulares. 
 
O PLANO COMO SOPORTE 
 
A superficie sobre a que debuxamos denomínase soporte (ou plano soporte). Pode ter 
múltiples medidas, desde o tamaño dun selo ata o dun gran n>. O plano como soporte 
taménpode ter diferentes formas: cadrada, rectangular, redonda, etc., e pódese 
colocar en distintas posicio¬nes: horizontal, vertical ou inclinado. 
Cada tamaño e posición inflúe no efecto final do noso traballo. Un plano rectangular en 
posición vertical manifesta unha tensión cara arriba (Fig. 2.21), mentres que colocado 
en posición horizontal transmite calma (Fig. 2.22). Un soporte con forma cadrada dá 
sensación de equilibrio, e se ten forma circular transmite dinamismo e movemento 
(Fig. 2.23). 
 
O PLANO ORGANIZA O ESPAZO 
 
Antes de realizar un traballo debemos pensar nas formas naturais ou artificiais que 
imos debuxar e, despois, deseñar a colocación de todos os elementos no soporte. 
Existen dúas formas ou leis sinxelas que estruturan o espazo e axúdannos a ordenar 
as formas que compón un debuxo. Estas leis son: 
 
ƒ A lei da balanza, que consiste en colocar as formas máis importantes no centro do 
soporte e as menos importantes repartidas á súa esquerda e dereita por igual. 
 
ƒ A lei de compensación de masas, que consiste en situar as formas máis importantes 
á dereita ou á esquerda e repartir as restantes de maneira que o conxunto produza 
equilibrio visual. 
 
Estas leis foron utilizadas por moitos artistas nas súas composicións. Observa as 
seguintes imaxes (Figs. 2.26 e 2.27) e fíxache en como foron colocadas as figuras. 
 
 
O PLANO CONSTRÚE FORMAS 
 
O plano, en por si, pode definir figuras e obxectos. Para construír a imaxe dunha casa 
basta con colocar ordenadamente un triángulo para o tellado, un cadrado para a 
fachada e rectángulos para situar a porta e as fiestras. 
3. O PLANO 
Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09 
TEMA 2. Elementos da Linguaxe Visual 13 
 
Se se pretende realizar imaxes máis complicadas pódense utilizar infinidade de planos 
con formas diferentes. Existen obras de arte realizadas soamente con planos. 
 
O plano sombrea 
 
As zonas de luz e as zonas de sombra pódense separar colocando planos claros á 
beira de planos escuros; deste xeito os obxectos e as formas que construímos dan a 
sensación de volume e de profundidade. Observa a obra O dúo, de Georges Braque 
(Fig. 2.28): o artista utilizou planos claros e escuros para iluminar a estancia e sinalar a 
importancia da cantante mentres que o pianista, con planos escuros, é o personaxe 
secundario. 
 
O plano colorea 
 
Os planos pódense pintar con diferentes materiais (rotuladores, ceras, lapis de cores, 
etc.). A cor dos planos axúdanos a identificar mellor os obxectos ou formas que 
construímos. A obra de August Macke, Raparigas ba¬jo as árbores (Fig. 2.29), é un 
exemplo de como os planos colorean as formas dos vestidos, chapeus, árbores, etc., 
que aparecen na imaxe. 
 
VALOR EXPRESIVO DO PLANO 
 
Cando o plano utilízase para construír imaxes convértese nun elemento expresivo da 
forma. Esta expresividade depende do contorno e do tamaño do plano, así co¬mo da 
súa ordenación no espazo. Un contorno realizado con maioría de liñas rectas é menos 
dinámico que outro formado por liñas onduladas. Se o plano está delimitado por unha 
liña crebada e pechada resulta máis agresivo. 
 
O tamaño fai que sexa máis ou menos importante: se é grande chama máis a atención 
que se é pequeno; e se ademais colocámolo no centro do soporte, pode actuar como 
zona de máxima atención. 
 
Con só dous planos Gottlieb crea unha obra chea de forza expresiva. Isto débese ao 
contraste creado entre a agresividade e o peso da mancha negra fronte ao dinamismo 
circular da mancha vermella. Estas sensacións resúmense no seu título, Refacho n.° 7 
(Fig. 2.30). Observa todo o que se pode expresar cun só elemento como o plano.

Continue navegando